Facultade de Ciencias do Traballo

Facultade de Ciencias do Traballo

Campus Esteiro, R/ San Ramón s/n
15403 Ferrol Ferrol (03672)
España (ES)

Os estudos de Relacións Laborais pretenden a formación de especialistas na defensa e asesoramento de traballadores e empresarios, nunha complexa función, cunha rama xurídica ampla e unha profundización no Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Outra rama de carácter económico e técnico, con especial atención á visión do subsistema empresarial de RRHH, sen esquecer a visión global da empresa, tanto desde un prisma interno como externo, con todos os factores económicos esóxenos que teñen influencia sobre o sistema empresa. Finalmente, unha rama sociolóxica sen a cal non teríamos unha visión completa do apaixonante mundo das Relacións Laborais.
En canto ás saídas profesionais, a visión e a abordaxe integral dos problemas sociolaborais e a xestión de Recursos Humanos constitúen as competencias máis características do profesional das Relacións Laborais.