Escola Politécnica Superior

Escola Politécnica Superior

Campus de Esteiro. r/ Mendizábal s/n
15403 Ferrol Ferrol (03672)
España (ES)

A Escola Politécnica Superior creouse no curso 1991/1992 para impartir as titulacións de ciclo longo (5 cursos) de Enxeñaría Naval e Oceánica e, no ano seguinte, de Enxeñaría Industrial. A escola ocupa o pavillón de Medicina e un edificio de nova construción (2001) do Antigo Hospital de Mariña, recinto militar que deu lugar ao campus de Esteiro, moi preto do centro da cidade de Ferrol.
Desde o curso 2010-2011 a escola imparte os títulos de grao en Arquitectura Naval, Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Enxeñaría Mecánica. Existen tamén tres doutoramentos ligados a cadanseu programa de posgrao: Enxeñaría Industrial, Tecnoloxías Navais e Oceánicas e Fotónica. Para o curso 2010/2011 aprobouse un novo doutoramento interuniversitario, Láseres e Espectroscopía Avanzada.
A oferta formativa completarase nun futuro próximo coa posta en funcionamento dos mestrados que habiliten para o exercicio das profesións de enxeñeiro naval e oceánico e de enxeñeiro industrial.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal