Facultade de Ciencias da Saúde

Facultade de Ciencias da Saúde

Campus de Oza
15006 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

A Facultade de Ciencias da Saúde créase no ano 2001 (DOG de 12 de decembro de 2001) e inclúe o Departamento de Medicina.
A súa oferta formativa é:
- Grao en Terapia Ocupacional, recoñecida en España como a titulación máis prestixiosa desta disciplina científica e a primeira en adaptarse aos ensinos do Espazo Europeo de Educación Superior.
- Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Ofrece tres especialidades:
Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida, presencial.
Fundamentos de Investigación Biomédica, presencial.
Investigación Clínica, presencial e on-line.
- Máster Interuniversitario en Xerontoloxía Clínica, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, presencial.
- Máster Interuniversitario en Ciencia e Tecnoloxía en Termalismo e Balneoterapia, en colaboración coa Universidade de Vigo, presencial e on-line.
Os másteres están dirixidos a profesionais do ámbito de Ciencias da Saúde e a outras afíns relacionadas coa asistencia e a investigación sanitaria. Constitúen o período de formación do/do Programa/s de Doutoramento en Ciencias da Saúde adscritos ao Departamento de Medicina.
A Facultade de Ciencias da Saúde conta cun sistema de garantía interna de calidade (SGIC), con obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas, atendendo ao proceso deseñado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e a Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Facebook: facebook.com/CienciasdaSaude.UDC
Twitter: @FCSaude_UDC