Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña está formada por uns 2.000 estudantes, 120 profesores e profesoras e 25 membros do persoal de administración e servizos, que ocupan un edificio de aproximadamente 15.000 metros cadrados, situado no campus de Elviña.
Oferta oito titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, das que catro son graos e catro mestrados:
Grao en Educación Infantil
Grao en Educación Primaria
Grao en Educación Social
Grao en Logopedia
Mestrado en Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia
Mestrado en Psicoloxía Aplicada
Mestrado en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
Mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas
Impártese tamén a licenciatura de Psicopedagoxía, con dous cursos de duración, que se ofertará no próximo curso académico. Nas diplomaturas en extinción, estase a impartir docencia nos segundos e terceiros cursos, e no 2010-2011 haberá docencia só nos terceiros: Mestre de Educación Infantil, Mestre de Educación Primaria, Mestre de Educación Física, Mestre de Audición e Linguaxe, Educación Social e Logopedia.