Facultade de Fisioterapia

Facultade de Fisioterapia

Campus de Oza
15006 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

Na Escola Universitaria de Fisioterapia pódense cursar os seguintes estudos oficiais:
-Grao en Fisioterapia: 240 ECTS (4 cursos académicos).
-Mestrado oficial: Xestión e Investigación da Discapacidade e a Dependencia: 60 ECTS (1 curso académico).
-Mestrado oficial: Intervención na Discapacidade e na Dependencia: 60 ECTS (1 curso académico).
-Doutoramento: Saúde, Discapacidade e Dependencia.
Cursos de formación continuada:
-Fisioterapia Manipulativa Articular: 400 horas (1 curso).
-Fisioterapia Respiratoria: 200 horas (1 curso).
-Fisioterapia nas disfuncións do pé: 40 horas (1 curso)
-Fisioterapia Neurolóxica
A formación que ofrece a Escola de Fisioterapia baséase nun modelo pedagóxico orientado a integrar coordinadamente os contidos teóricos, prácticas de laboratorio e formación clínica.
A fisioterapia está orientada á prevención, tratamento e rehabilitación de persoas que presentan enfermidades, disfuncións e minusvalías, empregando como recursos terapéuticos os medios e os axentes físicos (electroterapia, masoterapia, manipulacións articulares, hidroterapia, fototerapia, kinesiterapia, exercicio terapéutico, crioterapia, termoterapia, ultramoterapia etc.)