Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas

Paseo de Ronda 51
15011 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

A ETS de Náutica e Máquinas é a única do Sistema Universitario de Galicia responsable da formación académica-profesional das persoas tituladas en Navegación, Transporte Marítimo e en Máquinas Navais e as súas orixes na Coruña remóntanse ao século XVI.
As titulacións ofertadas polo centro son:
Grao en Enxeñaría Mariña
Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
Mestrado en Enxeñaría Mariña
Doutoramento en Enxeñaría Mariña

Estas titulacións son claramente de perfil multidisciplinar, con homologación e recoñecemento a nivel internacional, que se traduce nunha forte demanda dos nosos titulados e tituladas que supera con creces o número de estudantes que terminan os seus estudos en cada curso académico.
Para facer fronte a estes retos, desenvolvemos un modelo formativo logo da Certificación ISO 9001:2000 de Calidade obtida no ano 2005.
A esta formación integral contribúe de forma decisiva a relación da Escola co exterior, que se garante a través de case un centenar de convenios de colaboración con empresas e institucións públicas.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000