Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física

Avd. Ernesto Che Guevara 121
15179 Pazos, Liáns Oleiros (05842)
España (ES)

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física nace, como tal, o 1 de xaneiro de 2004 como consecuencia da plena integración dos estudos na Universidade da Coruña, pero o centro foi creado co nome de INEF Galicia pola Xunta de Galicia en 1986, e comezou a súa actividade docente no curso 1987/88.
Na actualidade as titulacións que se imparten son a de licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (en extinción) e a de Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (implantada plenamente dende o curso 2009-2010).
Estas titulacións capacitan para exercer as seguintes actividades profesionais:
- Docente no sistema de ensino
- Adestrador deportivo
- Promotor, animador e/ou monitor deportivo profesional de actividades físicas saudables para a mellora da calidade de vida
- Promotor, animador e/ou monitor deportivo profesional de actividades físicas recreativas para o ocio saudable
- Director e/ou xestor deportivo