Facultade de Informática

Facultade de Informática

Campus de Elviña
15071 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

A Facultade de Informática de A Coruña (FIC) é o centro de referencia dos estudos universitarios en Informática de Galicia, por traxectoria, número de alumnado, profesorado e investigadores/as, titulacións impartidas, programas de doutoramento e pola implicación da súa actividade docente e investigadora co tecido produtivo da Comunidade Autónoma.

O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática pola UDC propón a integración de todas as especialidades existentes en España, sendo o único título en Galicia que asegura unha cobertura de todas as competencias que poden adquirirse hoxe en día no ámbito da Enxeñaría Informática: o estudante poderá elixir en 3.º curso entre as especialidades de Computación, Enxeñaría de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñaría do Software.

A FIC oferta seis mestrados universitarios en Enxeñaría de Sistemas Informáticos, en Enxeñaría Matemática, en Tecnoloxías da Información e Comunicación en Redes Móbiles, en Técnicas Estatísticas, en Computación e en Computación de Altas Prestacións, e cinco programas de doutoramento completan a formación en posgrao desde o curso 2010/2011.