Facultade de Filoloxía

Facultade de Filoloxía

Campus da Zapateira
15071 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

Na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña pódense realizar estudos lingüísticos e literarios de grao, mestrado e doutoramento.
Somos unha Facultade nova cun persoal docente e investigador altamente cualificado e comprometido coa atención ao alumnado.
Dispomos dunhas instalacións amplas e modernas. A biblioteca é de acceso directo e conta con 90.000 volumes e máis de 1.000 revistas. Temos unha aula net e unha sala de estudo abertas durante todo o día, dúas aulas informatizadas de docencia, con postos individuais para cada alumno, aulas coas instalacións audiovisuais máis actuais, laboratorios de idiomas e unha sala de videoconferencia.
Nos títulos de grao ofrecemos unha sólida formación lingüística e literaria, especializada na lingua de elección: Español, Galego e Portugués ou Inglés. A través dos nosos programas de intercambio, pódese cursar parte dos estudos noutras universidades españolas, europeas ou americanas, e co noso programa de prácticas profesionais atendemos á inserción laboral dos estudantes.
Logo de cursar o grao, a nosa oferta de mestrados e doutoramentos ofrece unha formación académica avanzada, multidisciplinar e innovadora.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal