Facultade de Dereito

Facultade de Dereito

Campus de Elviña
15071 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña conta cos máis avanzados métodos multimedia para o desenvolvemento das súas actividades docentes e investigadoras, encamiñadas a conseguir que o alumnado se converta, nun futuro, en profesionais competitivos. Para todo iso, cóntase cun persoal docente e investigador en constante actualización. Ademais, a actividade diaria do centro está cuberta por un persoal de administración e servizos competente e especialmente comprometido cos proxectos de futuro da facultade.
Titulacións que se imparten
Licenciatura en Dereito (a extinguir)
Grao en Dereito
Simultaneidade de estudos: Dereito-Administración e Dirección de Empresas,
Posgrao: Mestrado en Dereito: Especialización en Estudos da Unión Europea e Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial.
Conscientes da importancia e dos beneficios que unha formación integral pode reportar ao alumnado, o centro mantén unha permanente colaboración con empresas, institucións e colexios profesionais permitindo que os estudantes fagan numerosas prácticas externas, así como programas de intercambios con universidades españolas e estranxeiras.