Membros da UDC Público xeral
Cursos regulares
(30 horas)
125 € 166 €
Cursos de conversación
(15 horas)
84 € 125 €

Os prezos do Centro de Linguas están por debaixo da media do que cobran as universidades de España por un servizo similar

Cancelacións e devolucións

  1. Segundo o establecido na Lei de Taxas e Prezos Públicos, só procederá a devolución do importe cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade. Nese caso o Centro de Linguas devolverá o importe íntegro da matrícula.
  2. Non obstante o declarado no punto anterior, o Centro de Linguas pode devolver o importe en casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito á Dirección, ao menos tres días antes da data de inicio dos cursos (o 2 de abril). Non se consideran solicitudes en forma nin as chamadas telefónicas nin as mensaxes de correo electrónico. Cando se considere xustificada a devolución, o Centro de Linguas reterá 12 euros en concepto de gastos de xestión.
  3. Habitualmente consideramos que procede a devolución nos casos seguintes, sempre que os mesmos se produzan coa antelación especificada no punto anterior e se xustifiquen debidamente:
    • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso matriculado, sempre que non resulte posible e/ou conveniente a adscripción a outro curso. Debe adxuntarse copia do contrato de traballo.
    • Por causa de accidente ou infirmidade que imposibilite para seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe aportarse xustificante médico.
  4. En ningún caso se devolverá o importe da matrícula unha vez iniciadas as clases.
  5. Ao persoal da UDC xubilado aplicaráselle a tarifa de membros da Universidade.