Membros da UDC Público xeral
Cursos regulares
(30 horas)
125 € 166 €
Cursos de conversación
(15 horas)
84 € 125 €

Os prezos do Centro de Linguas están por debaixo da media do que cobran as universidades de España por un servizo similar

Cancelacións e devolucións

  1. Segundo o establecido na Lei de Taxas e Prezos Públicos, só procederá a devolución do importe cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade. Nese caso o Centro de Linguas devolverá o importe íntegro da matrícula.
  2. Non obstante o declarado no punto anterior, o Centro de Linguas pode devolver o importe en casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito á Dirección, ao menos tres días antes da data de inicio dos cursos (3 de outubro). Non se consideran solicitudes en forma nin as chamadas telefónicas nin as mensaxes de correo electrónico. Cando se considere xustificada a devolución, o Centro de Linguas reterá 12 euros en concepto de gastos de xestión.
  3. Habitualmente consideramos que procede a devolución nos casos seguintes, sempre que os mesmos se produzan coa antelación especificada no punto anterior e se xustifiquen debidamente:
    • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso matriculado, sempre que non resulte posible e/ou conveniente a adscripción a outro curso. Debe adxuntarse copia do contrato de traballo.
    • Por causa de accidente ou infirmidade que imposibilite para seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe aportarse xustificante médico.
  4. En ningún caso se devolverá o importe da matrícula unha vez iniciadas as clases.
  5. Ao persoal da UDC xubilado aplicaráselle a tarifa de membros da Universidade.