niveles
A1 [iniciaciÓn]
Pode entender e usar expresións cotiás de uso moi frecuente e frases moi básicas coa finalidade de satisfacer necesidades comúns moi concretas.
Pode presentarse a si mesmo e a outras persoas. É capaz de responder a preguntas sobre detalles persoais, tais como onde vive, a que persoas coñece, que cousas posúe.
É capaz de interactuar dun modo sinxelo cunha persoa que fale claramente e que estea disposta a colaborar na interacción.

Cursos deste nivel:    Alemán    Francés    Inglés    Italiano    Portugués

A2 [elemental]
É capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.)
Pode comunicarse para levar cabo tareas sinxelas e cotiás que non requiran máis que intercambios de información sinxelos e directos sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais.
Sabe describir en termos sinxelos aspectos da súa historia persoal e do seu entorno, asi como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.

Cursos deste nivel:    Alemán    Francés    Inglés    Italiano    Portugués

B1 [INTERMEDIO]
Pode comprender os puntos principais de textos claros en lingua estándar que traten sobre cuestións que lle resulten coñecidas, en situacións de traballo, de estudo, ou de ocio, etc.
Sabe desenvolverse na maior parte das situacións que poden xurdir durante un viaxe por un país no que se fala a lingua obxecto de estudo.
É capaz de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas que lle son familiares ou polos que ten un interese persoal.
É capaz de describir experiencias, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente as súas opinións ou explicar os seus plans.

Cursos deste nivel:    Alemán    Francés    Inglés    Italiano    Portugués

B2 [CONSOLIDACIÓN]
Pode comprender as ideas principais de textos complexos, tanto se tratan de temas concretos como abstractos, e incluso se son de carácter técnico, que pertenzan ao seu ámbito de especialización.
Pode relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade, de xeito que a comunicación se leve a cabo sen esforzo para ningunha das partes.
Pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais, indicando os pros e os contras das distintas opcións.

Cursos deste nivel:    Alemán    Francés    Inglés    Italiano    Portugués

c1 [avanzado]
É capaz de comprender unha ampla variedade de textos extensos e con certo nivel de esixencia, así como de recoñecer neles sentidos implícitos.
Pode expresarse de xeito fluído e espontáneo, sen mostras moi evidentes de esforzo para atopar a expresión axeitada.
Pode facer un uso flexible e efectivo do idioma con fins sociais, académicos e profesionais.
Pode producir textos claros, ben estruturados e detallados, sobre temas de certa complexidade, amosando un uso correcto dos mecanismos de organizción, articulación e cohesión do texto.

Cursos deste nivel:    Alemán    Francés    Inglés    Italiano    Portugués

c2 [superior]
Comprende con facilidade case practicamente todo o que escoita ou le.
Sabe reconstruír a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, tanto orais como escritas, e presentalos de xeito coherente e resumido.
Pode expresarse espontaneamente con moita fluidez e cun grao de precisión que lle permite diferenciar pequenos matices de significado mesmo nas situacións de maior complexidade.

Cursos deste nivel:    Alemán    Francés    Inglés    Italiano    Portugués