
Aínda que a metodoloxía variará segundo o nivel do curso e o tipo de destrezas nas que se poña énfase, o método básico procura que o estudante aprenda a comunicarse rapidamente de xeito eficaz nun entorno no que se fale a lingua obxecto de estudo. O método empregado pon énfase na comprensión e na expresión orais, cunhas actividades ou tarefas na aula pensadas para subministrar oportunidades de interacción semellantes ás que ofrece a vida real.
Ademais das sesións de clase e do material utilizado nelas, vostede terá acceso a todos os materiais que hai na Biblioteca da Facultade de Filoloxía (campus da Coruña) e na Fonoteca (campus de Ferrol, Edificio de Apoio ao Estudo, Esteiro). A Biblioteca de Filoloxía é de libre acceso, e contén unha ampla colección de vídeos, DVD, dicionarios, manuais, xornais, etc. Algúns destes materiais poden sacarse en préstamo por uns días, facéndose membro da Biblioteca.
Estamos a traballar na conversión de algún dos laboratorios de idiomas existentes en Sala de Autoaprendizaxe. Cando este proxecto esté en marcha, vostede poderá reforzar pola súa conta certos puntos da lingua, avanzar en outros, ou mesmo iniciarse en novas linguas, con toda unha serie de ferramentas multimedia á súa disposición.