

A sigla IELTS significa International English Language Testing System, un sistema que incorpora as tendencias máis recentes en avaliación lingüística, froito da colaboración entre Cambridge ESOL, British Council e IDP-Education -IELTS Australia.
O resultado do exame preséntase nunha puntuación única, de cero a nove, que integra as catro destrezas (comprensión oral, comprensión lectora, expresión oral e expresión escrita). Está recoñecido como válido para acreditar o nivel de inglés por todas as universidades de Gran Bretaña, Australia, Nova Zelanda e outras moitas noutros lugares, así como por numerosas empresas. Por iso, máis dun millón de persoas en todo o mundo preséntanse cada ano a este exame, recoñecido por máis de 1.200 institucións nuns 120 países.
O 14 de xuño de 2012, ás 9:00, na Facultade de Filoloxía (Campus A Zapateira).
Visite o portal de IELTS
Contacto:
email: exams.bilbao@britishcouncil.es
Tel. 94 476 3650
Fax: 94 476 2016
Enderezo postal:
IELTS Administrator
Avda Lehendakari 29 2º
48014 Bilbao
A puntuación obtida no exame correspóndese do seguinte modo cos niveis do Consello de Europa (Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación):
| Consello de Europa | IELTS | Certificados de Cambridge |
| C2 | 8,5+ | Proficiency (CPE) |
| C1 | 7,0-8,0 | Advanced (CAE) |
| B2 | 5,5-6'5 | First (FCE) |
| B1 | 4,0-5,0 | Preliminary (PET) |
| A2 | 3,5 | Key English Test (KET) |