1. Créditos de libre elección (só para licenciaturas e diplomaturas)

Segundo establece o artigo 12 do "Regulamento sobre a libre elección", aprobado polo Consello e Goberno o 31 de maio do 2005, concédese un crédito por cada 10 horas de cursos no Centro de Linguas. Xa que logo, aos cursos regulares correspóndenlle 3 créditos, e aos de conversación 1'5. Para o recoñecemento de créditos é necesaria, ademais da asistencia (nun 85%), a superación do curso.

Para máis información, prema en: Regulamento de créditos de libre elección

2. Recoñecemento de créditos por actividades formativas (só novos programas de grao)

Os estudantes que realicen cursos regulares no Centro de Linguas da UDC poderán obter recoñecemento de créditos por actividades de aprendizaxe lingüistica dacordo cos seguintes criterios e procedementos:

  1. Polos cursos regulares de 30 horas do CL recoñeceranse 1,5 créditos.
  2. Nos cursos regulares de correspondente lingua cursada no bacharelato recoñeceranse créditos por cursos a partir do nivel B1 ou superior.
  3. Os estudantes de calquera titulación de grao que teña un idioma como materia obrigatoria no seu plano de estudos só poderá obter recoñecemento de créditos por cursos do nivel B2 ou superior.
  4. Os estudantes de calquera titulación de grao que teña un idioma como materia optativa, só poderá obter recoñecemento de créditos por cursos do nivel Bl ou superior.
  5. Os estudantes dos graos de estudos lingüisticos e literarios non poderán ter recoñecemento de créditos por cursos daquela lingua que constitúa a súa especialidade.
  6. Para poder obter o recoñecemento de créditos será necesaria unha asistencia mínima ás clases do 85%, e ademáis ter superadas as probas correspondentes.
  7. Non se recoñecerán créditos polos cursos de conversa, así como para aqueles cursos que non conleven un progreso constatable mediante a superación das probas pertinentes.
  8. No caso de levaren máis de catro cursos, os créditos correspondentes cursados a maiores figurarán no Suplemento Europeo ao Título.

Os estudantes interesados solicitarán a acreditación correspondente perante a Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais indicando a actividade e o período de pmticipación. A Vicerreitora acreditará mediante unha certificación a realización efectiva da actividade.

Para máis información vexa o Procedemento de recoñecemento de créditos por actividades nos graos da UDC.


O Centro de Linguas emitirá a acreditación correspondente para cada participante que reúna as condicións de asistencia e de superación do curso. A acreditación poderá recollerse a partir do momento en que reciba unha mensaxe de correo electrónico comunicando que xa está feita (normalmente, uns poucos días despois de rematados os cursos).

O Centro de Linguas tamén estende unha acreditación diferente aos que superen os cursos sin reunir o requisito de asistencia establecido nos Regulamentos. Esta acreditación é válida para matricularse no nivel superior ao cursado, pero non ten validez para o recoñecemento de créditos.