ACLES é a sigla da “Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior”, cuxa finalidade é a promoción da aprendizaxe e difusión de distintas linguas no Ensino Superior. A maioría das universidades españolas forman parte de ACLES, e a UDC tamén. Esta asociación, á súa vez, é membro de CERCLES, a "Confédération Européenne des Centres de Langues de l'Enseignement Supérieur", unha entidade fundada en 1991, da que forman parte asociacións de 21 países europeos que representan a uns trescentos centros de Ensino Superior cuxa misión principal é o ensino de linguas.
ACLES creouse, entre outras cousas, para:
- Promover a aprendizaxe e a docencia das linguas modernas no ámbito do Ensino Superior.
- Promover a estandarización de niveis de dominio de idiomas e de sistemas de avaliación dos devanditos niveis, de acordo coas directrices emanadas do Consello de Europa.
- Promover a creación e o desenvolvemento dos Centros de Linguas Modernas no Ensino Superior.
-
Brindar oportunidades de alta calidade de aprendizaxe de linguas a estudantes non especializados en estudos de natureza lingüística e ao persoal adscrito ás Universidades.
- Responder aos obxectivos que en materia de ensino e aprendizaxe de linguas modernas e de promoción do plurilingüismo se establezan desde organismos competentes no ámbito europeo.
- Representar ao seu integrantes local, nacional e internacionalmente.