Que é o nivel B1?

O nivel B1 no Marco Europeo Común de Referencia

É un punto de referencia para medir o nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira, conforme ao Marco Europeo Común de Referencia (MECR). Acreditar a posesión dese nivel é necesario para matricularse no Mestrado Universitario de Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Pode ser esixido tamén nalgunhas outras titulacións, ben como requisito previo, ben como condición para obter o título.

O MECR establece seis niveis de coñecemento. O nivel B1 corresponde a un usuario que comeza xa a ser independente, que xa non necesita axuda constante para desenvolverse nunha lingua estranxeira.

O cadro seguinte esquematiza os tipos de usuario e os niveis de coñecemento. Para saber máis sobre cada nivel, preme nos enlaces da columna da dereita.

Para facerte unha idea sobre se tes o nivel B1 nalgunha lingua estranxeira, contesta este cuestionario de autoavaliación. Tamén podes facer o test Dialang, premendo no enlace "Cal é o meu nivel" no menú da esquerda.

Tipos de usuarios e niveis de coñecemento
Tipos de usuario Niveis Denominación no MCER Denominación no Centro de Linguas
Usuario experto (Proficient user) C2 Mastery Superior
C1 Effective proficiency Avanzado
Usuario independente (Independent user) B2 Vantage Consolidación
B1 Threshold Intermedio
Usuario básico (Basic user) A2 Waystage Elemental
A1 Breakthrough Iniciación