A certificación IELTS

A diferenza de outras certificacións que "comproban" se os candidatos pusúen ou non un nivel predeterminado, a certificación IELTS (International English Language Testing System) é un exame deseñado para "averiguar" o nivel de inglés dos candidatos. A súa validez para acreditar un determinado nivel depende, xa que logo, da nota obtida. Para o nivel B1 é necesario obter entre 4 e 5 puntos.

IELTS é un exame desenvolvido e dirixido conxuntamente por Cambridge ESOL, o British Council e o International Development Programme of Australian Universities and Colleges (IDP).

IELTS en Galicia

Este exame pódese facer en:

  • A Coruña: Centro de Linguas da Universidade da Coruña (www.udc.es/centrodelinguas/ielts.html). Dúas convocatorias ao ano.
  • Vigo: Escola de Negocios Novacaixagalicia, Avenida Madrid 60, 36204 Vigo. Tel. 94 476 3650.