criterios de avaliación

Comprensión lectora

Puntuación total da proba: 10 puntos.

Ponderación para a nota global: 25%.

Tomaranse en consideración a capacidade dos candidatos para a comprensión de textos fáciles e coherentes, sobre temas xerais ou do seu interese, así como a comprensión de instrucións, conforme ás competencias establecidas para o nivel B1 no MCERL e no apartado "Como vai ser o exame" do exame.

Tipo de avaliación: preferiranse as probas obxectivas, con lista pechada de opcións de resposta, aínda que tamén poderán utilizarse, dependendo do tipo de discurso elixido, preguntas de resposta breve.

Tarefas por texto: unha. A cada tarefa asignaranselle dez puntos. Todos os ítems dunha tarefa terán o mesmo valor, o resultante de dividir 10 entre o número de ítems.

Identidade dos candidatos: oculta para os avaliadores. As probas de cada candidato identificaranse mediante un número asignado previamente.

As notas de todas as tarefas integraranse nunha nota única (de 0 a 10) para cada candidato, achando a media numérica.

Penalización dos erros nas probas pechadas: si, para contrarrestar o efecto dos acertos casuais. En tarefas de opción múltiple utilizarase a fórmula seguinte:

fórmula de corrección del test

Exemplo: nunha tarefa con dez ítems e catro opcións en cada un, a puntuación dun candidato con 6 acertos e 4 en branco sería un 6, aprobaría a tarefa Con 6 acertos e 4 erros sería 4,66, e suspendería a tarefa. Canto menor sexa o número de opcións de resposta, máis importante é o efecto da penalización polos erros, xa que tamén son maiores as posibilidades de acertos por azar.

Puntuación mínima para aprobar esta parte do exame: 5. Unha nota inferior supón automaticamente a cualificación final de NON APTO, independentemente da nota das outras partes. Lémbrese que a cualificación final de APTO esixe como mínimo unha nota global de 6 puntos.

Comprensión auditiva

Puntuación total da proba: 10 puntos.

Ponderación para a nota global: 25%.

Tomaranse en consideración a capacidade dos candidatos para a comprensión de textos fáciles e coherentes, sobre temas xerais ou do seu interese, así como a comprensión de instrucións, conforme ás competencias establecidas para o nivel B1 no MCERL e no apartado "Como vai ser o exame" do exame.

Identidade dos candidatos: oculta para os avaliadores. As probas de cada candidato identificaranse mediante un número asignado previamente.

As notas de todas as tarefas integraranse nunha nota única (de 0 a 10) para cada candidato, achando a media numérica.

Penalización dos erros nas probas pechadas: si, para contrarrestar o efecto dos acertos casuais. En tarefas de opción múltiple utilizarase a fórmula seguinte:

fórmula de corrección del test

Exemplo: nunha tarefa con dez ítems e catro opcións en cada un, a puntuación dun candidato con 6 acertos e 4 en branco sería un 6, aprobaría a tarefa Con 6 acertos e 4 erros sería 4,66, e suspendería a tarefa. Canto menor sexa o número de opcións de resposta, máis importante é o efecto da penalización polos erros, xa que tamén son maiores as posibilidades de acertos por azar.

Puntuación mínima para aprobar esta parte do exame: 5. Unha nota inferior supón automaticamente a cualificación final de NON APTO, independentemente da nota das outras partes. Lémbrese que a cualificación final de APTO esixe como mínimo unha nota global de 6 puntos.

Expresión escrita

Puntuación total da proba: 10 puntos

Ponderación para a nota global: 25%.

Tomaranse en consideración, de forma conxunta, os seguintes aspectos, referidos ao nivel B1 e ás competencias especificadas : a adecuación do contido á tarefa, a cohesión do texto, a corrección gramatical e ortográfica, e a amplitude do vocabulario.

Número de avaliadores: dous -sempre que sexa posible- que avalíen independentemente. Todos os candidatos serán avaliados polos mesmos avaliadores.

Identidade dos candidatos: oculta para os avaliadores. Os textos de cada candidato identificaranse mediante un número asignado previamente.

Os avaliadores utilizarán unha escala holística, asignando a cada texto unha puntuación entre 0 e 10, con números enteiros. As notas dos diversos avaliadores e textos integraranse nunha nota única (de 0 a 10) para cada candidato, ben achando a media numérica, ben aplicando a ponderación que previamente se establecere, que será indicada no propio exame no caso de que as tarefas propostas difiran en extensión e tempo de realización.

Puntuación mínima para aprobar esta parte do exame: 5. Unha nota inferior supón automaticamente a cualificación final de NON APTO, independentemente da nota das outras partes. Lémbrese que a cualificación final de APTO esixe como mínimo unha nota global de 6 puntos.

Expresión oral

Puntuación total da proba: 10 puntos

Ponderación para a nota global: 25%.

Tomaranse en consideración, de forma conxunta, os seguintes aspectos, referidos ao nivel B1 e ás competencias especificadas no apartado "Como vai ser o exame": autonomía, fluiídez e pronunciación.