como_vai_ser_o_exame

Denominación do exame:

Exame B1 do Centro de Linguas da Universidade da Coruña / ACLES.

Idioma examinado:

Inglés.

Tipo de exame:

Institucional.

Obxectivo:

Acreditar a posesión do nivel B1 en inglés.

Exame dirixido a:

  • Membros da comunidade universitaria.
  • Público xeral (+16 anos).

Validez:

Válido para acreditar o nivel B1 en inglés na Universidade da Coruña e no resto das universidades españolas durante o período de tempo que cada unha decida (xeralmente non menos de catro anos). Válido tamén nas universidades estranxeiras que sexan membros de CERCLES.

Destrezas que se avaliarán (prema nos enlaces para ver unha descrición das destrezas):

Contidos que se avaliarán (prema nos enlaces para ver unha descrición dos contidos):

Ponderación das destrezas:

Cada unha das destrezas aporta un 25% á nota final (dividido a partes iguais entre o número de tarefas).

Que nota é necesaria?

Deben reunirse as dúas condicións seguintes:

  • Obter o 60% da totalidade da puntuación total posible.
  • Obter non menos do 50% da puntuación posible en cada destreza.

Exemplos: Un candidato/a que teña o 100% da puntuación posible en tres das destrezas e o 40% na outra destreza non obterá a acreditación, pois falla nunha das destrezas. En cambio, un candidato que teña o 50% en tres das destrezas e un 80% noutra obterá a acreditación, pois a súa competencia é máis equilibrada ca a do caso anterior.

Duración total do exame:

Arredor de tres horas e media.

Comprensión lectora (duración: entre 50 e 80 minutos):

Lectura de entre 2 e 4 textos reais ou adaptados, de un máximo de 2.000 palabras. Os textos poderán ser descriptivos, dialogados, explicativos, expositivos, narrativos ou argumentativos.

Tipos de resposta requiridas nas tarefas do exame:

  • Opción múltiple.
  • Verdadeiro/falso, ou verdadeiro/falso/nonfigura, ou verdadeiro/falso/xustificar
  • Emparellamento.
  • Ordenar-
  • Encher ocos-
  • Transferir información.
  • Respostas cortas a preguntas abertas.
  • Síntese.

A temática comprenderá temas relacionados coa identificación persoal, actividade cotiá, lingua e comunicación, vivenda, contorna, saúde e coidados físicos, tempo libre e lecer, viaxes, actividades comerciais, educación, divulgación xeral, etc.

Algúns exemplos (do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Granada).

Máis exemplos (da Escola oficial de Idiomas).

Voltar ao inicio da páxina

Comprensión auditiva (duración: entre 30 e 40 minutos):

Audición ou visionado de 2 a 4 documentos de entre 2 e 6 minutos cada un deles (documentos sonoros de tipo descritivo, dialogado, explicativo, expositivo, argumentativo, narrativo). Cada texto escoitarase dúas veces. A temática será similar á dos textos de comprensión lectora.

Tipos de resposta requiridas nas tarefas do exame:

  • Opción múltiple.
  • Verdadeiro/falso, ou verdadeiro/falso/nonfigura, ou verdadeiro/falso/xustificar.
  • Emparellamento-
  • Ordenar.
  • Encher ocos.
  • Transferir información.
  • Síntese.

Procedemento que se seguirá con cada un dos documentos:

  • Lectura das tarefas e ítems.
  • Primeira audición.
  • Período para a realización das tarefas propostas.
  • Segunda audición.
  • Período para a realización das tarefas propostas e revisión final.

Algúns exemplos (do Centro de Lenguas Modernas da Universidade de Granada).

Máis exemplos (da Escola oficial de Idiomas).

Voltar ao inicio da páxina

Expresión escrita (duración: entre 60 e 80 minutos):

Produción de 2 textos (un autoxestionado, outro de interacción) de entre 120 e 300 palabras; en cada tarefa especificarase o número máximo e mínimo de palabras a empregar (textos de tipo descritivo, dialogado, explicativo, expositivo, argumentativo, narrativo)

Tipo de tarefas en escrito auxestionado:

  • Escritura creativa: historia, relato de experiencias persoais, narración curta.
  • Informes: follas de instrucións, receitas, etc.
  • Redaccións sobre temas cotiáns ou de interese persoal.

Tipo de tarefas en interacción escrita:

  • Responder a unha carta ou e-mail.
  • Responder a un anuncio.
  • Encher un formulario.

Algúns exemplos (do Centro de Lenguas Modernas da Universidade de Granada).

Máis exemplos (da Escola oficial de Idiomas).

Voltar ao inicio da páxina

Expresión oral (duración: entre 10 e 20 minutos):

Dividirase nas seguintes partes

  • Introdución: diálogo inicial dirixido polo/o examinador/a.
  • Monólogo sobre un tema da vida cotiá ou de interese persoal.
  • Interacción sobre o tema do monólogo ou outro diferente proposto polo examinador/a.

Tipo de tarefas

  • Breve exposición sobre un tema proposto polo/a evaluador/a.
  • Descrición dunha imaxe.
  • Resumo dun texto provisto con anterioridade, dunha película vista ou lectura realizada.
  • Breve narración dunha vivencia.
  • Entrevista persoal.
  • Xogo de roles sobre temas cotiáns.
  • Resumir un texto e responder a preguntas do compañeiro/a.
  • Preparar e conducir unha entrevista.
  • Responder a preguntas sobre un tema ou material proposto polo examinador/a.

Algúns exemplos (do Centro de Lenguas Modernas da Universidade de Granada).

Máis exemplos (da Escola Oficial de Idiomas).

Voltar ao inicio da páxina

Contidos en comprensión lectora

As tarefas desta sección medirán a lectura extensiva, intensiva e selectiva. Avaliaranse as competencias seguintes:

  • Ler a unha velocidade acorde con nivel B1.
  • Deducir o significade e uso de unidades léxicas pouco frecuentes.
  • Distinguir a idea principal dos detalles secundarios.
  • Diferenciar os distintos tipos de texto.
  • Transcodificar información (por exemplo, dun texto a un gráfico).

Voltar ao inicio da páxina

Contidos en comprensión auditiva

Avaliaranse as competencias seguintes:

  • Captar o obxectivo do discurso.
  • Discriminar as ideas principais e as complementarias.
  • Discriminar as palabras importantes e as secundarias.
  • Captar o estado de ánimo e a actitude do emisor.

Voltar ao inicio da páxina

Contidos en expresión oral

Avaliaranse as competencias seguintes:

  • Acadar o obxectivo da comunicación e da tarefa proposta.
  • Organizar e estructurar o duiscurso de xeito coherente.
  • Adecuarse á situación na que se desenvolve o discurso (ton, rexistro, tema, etc.).
  • Transmitir a mensaxe con corrección (fonética, gramatical, léxica. etc.), precisión (conceptual, léxica, etc,), e un grao de complexidade apropiado para o nivel B1.
  • Aclarar, ampliar, resumir, etc., segundo a retroalimentación que os examinandos van recibindo dos interlocutores.
  • Mostrar naturalidade na tarefa de interacción.

Voltar ao inicio da páxina

Contidos en expresión escrita

Avaliaranse as competencias seguintes:

  • Planificar e estruturar o texto de xeito coherente.
  • Empregar debidamente elementos de cohesión.
  • Escribir con corrección (ortográfica, gramatical, léxica, etc.), preción (conceptual, léxica), e cun grao de complexidade axeitado para o nivel B1.
  • Observar as convencións establecidas en cada tipo de texto.
  • Empregar o rexistro (familiar, estándar, académico, etc.) axeitado en cada situación.

Voltar ao inicio da páxina