
Tratándose dunha certificación de nova creación, a súa implantación nas universidades de España é gradual, así como o número de niveis e linguas que se certifican, dependendo das posibilidades dos Centros de Linguas e das necesidades de cada Universidade.
Ademais de na Universidade da Coruña, no Sistema Universitario Galego pódese facer o exame ACLES na Universidade de Vigo, para o nivel B1 de alemán, francés e inglés.
Para ACLES noutras universidades de España, consulte a lista de centros autorizados a emitir certificaións ACLES.