As certificacións das Escolas Oficiais de Idiomas

As Escolas Oficiais de Idiomas expiden tres certificacións que corresponden ao seguintes niveis do Marco Europeo común de referencia:

  • A2 (nivel básico).
  • B1 (nivel intermedio).
  • B2 (nivel avanzado).

A matrícula adoita ser en febreiro, e hai exames a finais de maio ou xuño, e tamén en setembro. Examinan de diversas linguas (alemán, francés, inglés, italiano, portugués, e nivel básico de chinés e xaponés), pero o número de idiomas varía dunhas escolas a outras.

Vexa unha lista completa das EOI en Galicia, coas suas seccións, enderezos, teléfonos e portais web.