CATÁLOGO SERVIZO DE PUBLICACIÓNS

Ir a la página de inicio
Libro

646
......................

Historia de la arquitectura restaurada. Del Renacimiento al Movimiento Moderno
Soraluce Blond, José Ramón
Monografías







Arquitectura

Ano: 2010
N.º Páxinas: 718
Formato: 240 x 170 mm.
ISBN: 978-84-9749-410-6
Prezo: 32,00









O presente libro completa o panorama da Historia da arquitectura iniciado polo autor coa publicación en 2008 de “Historia de la Arquitectura Restaurada: de la Antigüedad al Renacimiento”. O estudo de determinados edificios históricos presenta, entre outras dificultades, a da avaliación do seu grado de autenticidade, ou de perdurabilidade da obra orixinal tras ter soportado unha vida de desastres, incendios, bombardeos, reconstrucións etc. Entre o Renacemento e o Movemento Moderno construíuse o máis salientable do patrimonio monumental de Europa e de América. Lonxe xa da epopea das grandes catedrais medievais, xurdiron as cidades modernas con edificios públicos, militares, pacegos, culturais, residenciais e obras urbanas de enxeñaría, coa aparición de novos materiais: o cristal, o ferro e o formigón. Mais nin sequera o carácter recente da construción puido garantir a estabilidade física ou a conservación integral dalgunhas obras que, na súa maior parte, se incorporaron ao triste catálogo da arquitectura de vida efímera, con mutacións que van desde a transformación parcial á desaparición completa, cando non á súa clonación ou réplica. A través dunha revisión da Historia da Arquitectura do período estudado, este traballo mostra a cara realista e tamén sinistra do noso pasado ao estudar as cicatrices dos monumentos, disimuladas ou ocultas nas vistosas publicacións contemporáneas