Socioloxía e política
Ano: 2006 N.º Páxinas: 196 Formato: 17 x 24 cm. ISBN: 84-9749-211-0 Prezo: 14,00
| Este libro recolle as conferencias pronunciadas nas I Xornadas sobre xestión de crises realizadas en novembro de 2005 na Facultade de Socioloxía da UDC. O contido das intervencións constitúe unha reflexión teórica, empírica e operativa en materia de xestión de crises e catástrofes, levada a cabo desde as disciplinas da Socioloxía, a Ciencia Política e da Administración e as Ciencias da Comunicación. Entre os acontecementos históricos estudados figuran os atentados terroristas de 11 de marzo de 2004 en Madrid e de 11 de setembro de 2001 en New York. De igual maneira, se presentan os resultados de investigacións empíricas realizadas a propósito da catástrofe do buque Prestige e do terremoto de Lisboa de 1755. Entre as aportacións teóricas desenvolvidas hai que salientar a análise do cambio social que supón o paso da sociedade do risco á sociedade da incertidume ou a análise dalgúns falsos mitos relativos ás catástrofes. Finalmente, no ámbito operativo da xestión de crises póñense de manifesto as pautas narrativas que os medios de comunicación social usan no tratamento informativo dos sucesos catastróficos.
Recensións: Disaster and Social Crisis Research Network, 27, July-September 2006, p. 8
Papers 86, 2007, 278-281 (Miguel Vicente Mariño)
|