Linguas
Ano: 2005 N.º Páxinas: 320 Formato: 26 x 20 cm. ISBN: 84-9749-176-9 Prezo: 21,00
| O presente volume consiste nun estudo sobre a situación sociolingüística da Universidade da Coruña. Os autores expoñen e analizan os datos resultantes dunha enquisa sobre o coñecemento, usos e actitudes lingüísticos da comunidade universitaria: profesores, estudantes e persoal de administración e servizos. As conclusións teñen un interese práctico cara á elaboración do Plano de Normalización Lingüística da Universidade. Ademais, desde o punto de vista metodolóxico, o estudo efectúa unha achega interesante no relativo ao deseño de enquisas e á interpretación de datos de carácter sociolingüístico.
|