12 ayudas predoctorales de la Xunta de Galicia destinadas al Campus do Mar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ven de convocar 99 axudas do Programa de apoio á etapa predoutoral, no marco do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012 co obxectivo de fomentar que as universidades galegas contraten titulados superiores para a súa formación como doutores nos seus centros.

Dentro desta convocatoria, que financia un máximo de 99 contratos, hai 12 que están destinados específicamente para o Campus do Mar dentro das súas liñas de especialización. As axudas ao Campus de Excelencia están recollidas no eixo estratéxico 9 de proxectos singulares, que busca establecer iniciativas de alto impacto en sectores especialmente estratéxicos e onde Galicia posúe contrastada potencialidade. O mar é un deles e así o reflexa o epígrafe 9.2: un mar de innovación.

Clúster a que opta Área de especialización
Observación do océano e cambio global Observación do océano
Cambio global
Uso sustentable dos recursos mariños Xestión e uso dos recursos
Acuilcultura
Transformación e valorización
Xestión integral do mar Análise e avaliación ambiental da zona costeira
Planificación litoral
Protección costeira e seguridade marítima: enxeñaría e regulación
Progreso tecnolóxico, enxeñaría e xestión empresarial Tecnoloxía naval e sistemas
Infraestruturas portuarias, xestión e transporte marítimo
Xestión, dereito e competitividade
Enerxía

Os contratados na modalidade destinada aos Campus de Excelencia Internacional terán unha retribución anual de 22.000 euros brutos anuais cunha duración do contrato dun ano prorrogable ata os tres si contan con informe favorable da comisión académica do programa.

A ligazón ás bases da convocatoria é a seguinte: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120723/AnuncioG0164-280612-0004_gl.pdf