PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO (PI)

Como descargar os documentos do servidor de GTBib

Cada vez é máis frecuente que, cando se solicitan documentos a través do servizo de Préstamo interbibliotecario, éstes cheguen en formato electrónico. Por iso, o programa de xestión de PI, GTBIB  incorpora un servidor no que se almacenan temporalmente os documentos para que os usuarios podan descargalos. Desta maneira, tratamos de evitar os problemas do envío de ficheiros a través do correo electrónico (tamaño dos ficheros, fallos de conexión, etc.).

Ao seu correo electrónico chega unha mensaxe na que se lle informa que o documento, que vostede solicitou, está dispoñible no servidor de GTBIB. Ten que picar no enlace que se lle indica para descargar o documento

 

repositorio_2

Ábrese o seu menú de usuario, no que verá que ten un documento pendente de recoller. Pique no documento e a continuación no botón descargar. Unha vez que o consulte, e importante que borre o documento do servidor.

 

descargar_servidor_GTbib