Préstamo Interbibliotecario (PI)

Como chegan os documentos que solicitei

Como sei que chegou o documento que pedín?

No seu correo electrónico recibirá unha detallada comunicación da tramitación das súas peticións: onde se solicitan, cando se reciben, as reclamacións que se fagan, a fonte de referencia (se os datos non abondan para identificar o documento), etc.

 

mensajes de gtbib al correo del usuario

Como chegan os documentos?

  • Os documentos electrónicos

Os documentos que chegan en formato electrónico os depositamos no servidor do programa de xestión do PI para que os usuarios os poidan descargar. Vostede recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico notificándolle que ten que descargar o documento e a url onde o ten que descargar. Se pasado un tempo non o consulta, borrarase do servidor. Consulte a seguinte guía para o procedemento de descarga.

Para visualizar os documento en pdf, ten que ter instalado o Adobe Reader no seu pc. Para os documentos en formato tiff, necesítase ter instalado no seu ordenador o programa IrfanView. Pódeo descargar gratuítamente de internet  seguindo as indicacións desta guía de instalación.

  • Os documentos en papel

Os artigos que chegan en formato papel, enviarémosllos por correo interno a súa facultade ou departamento.

Onde teño que consultar os libros solicitados a outras bibliotecas?

Se o libro vén dunha biblioteca universitaria española, enviarémosllo á biblioteca do seu centro para que o poda levar en préstamo durante o tempo que se lle indica.

Se o libro vén dalgunha biblioteca estranxeira ou española - que non prestan os libros ao usuario final -, ten que vir consultalo á Biblioteca Central no Campus de Elviña ou á Biblioteca do Patín no Campus de Ferrol.

Canto tempo teño para consultar os libros?

Os libros de préstamo interbibliotecario levan unha banda amarela na que se indica a data de devolución. Ademais, no seu 'menú de usuario' pode ver os préstamos e a data de devolución.