PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO (PI)

Tarifas orientativas

O préstamo interbibliotecario está suxeito ás tarifas que establezan as bibliotecas subministradoras.

Para os membros da comunidade universitaria, os custos do PI son asumidos polo Servizo de Biblioteca Universitaria, sempre que non superen a cantidade de 60 €. No caso dos alumnos de grao ou asimilados ao primeiro ciclo terán que presentar a autorización dalgún profesor. Poden descargar neste enlace o modelo de autorización.

Consulte o punto 6.2 das Normas de uso do Préstamo interbibliotecario.

Os usuarios externos autorizados teñen que correr cos gastos dos documentos que soliciten a través deste servizo.

Prezos do ano 2017 para os usuarios.

Bibliotecas REBIUN
Cada volume orixinal prestado: 8,00 €
Copias ata 40 páxinas (fotocopias, pdf, tiff, etc.): 5,00 €
Copias de máis de 40 páxinas: 1,00 € por cada bloque de 10

Outras bibliotecas españolas e bibliotecas estranxeiras: solicitamos presuposto.

Prezos do ano 2017 para as bibliotecas solicitantes:

Bibliotecas españolas

Cada volume orixinal prestado: 8,00 €
Copias ata 40 páxinas (fotocopias, pdf ou tiff, etc.): 5,00 €
Copias de máis de 40 páxinas: 1,00 € por cada bloque de 10

O subministro de copias está suxeito ao cobro do IVE. Os préstamos de orixinais están exentos do IVE.

Bibliotecas estranxeiras

Documentos orixinais: 1 IFLA voucher e  medio = 12 euros
Fotocopias de artigos: medio IFLA voucher = 4 euros