Préstamo

487 por 140

Consulta en sala

As distintas bibliotecas de centro da UDC ofrecen, no seu conxunto, ao redor de 3.400 postos de lectura, para a consulta dos seus fondos.
Nalgúns casos existen salas para a consulta de materiais especiais (fondo antiguo, microformas...) e hemerotecas para a consulta de publicacións periódicas.

Préstamo

O préstamo réxese polas Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña, aprobadas pola comisión da Biblioteca Universitaria o 17 de novembro de 2008.

Para acceder a este servizo, hai que presentar a tarxeta de usuario (ou DNI ou pasaporte) que acredite que se pertence a algún dos grupos de persoas relacionadas no punto 2 das Normas de Préstamo.

Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de seren prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüidade ou preservación, poderanse consultar unicamente na biblioteca. (Punto 4 das Normas de préstamo).

O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración deste, varía segundo o tipo de usuario:

USUARIO OBRAS DÍAS
Estudantado de grao, 1.º e 2.º ciclo e senior; PAS 6 10
Estudantado de doutoramento 25 21
Estudantado de másteres, proxecto de fin de grao ou fin de carreira 10 21
PDI, profesorado visitante 100 Curso
Persoal bolseiro de investigación e persoal investigador contratado 25 Curso
Usuarios autorizados externos 3 10

 

Renovacións

Pódese renovar o período de préstamo de todos os documentos sempre que outro usuario non os tivera solicitado. A renovación pódese facer a través de 'O meu rexistro', por teléfono ou persoalmente en calquera das bibliotecas. Contabilízase a data de renovación a partir do día no que esta é solicitada.

Reservas

Os documentos que se atopen prestados poden ser reservados por calquera usuario. Para solicitar a reserva dun exemplar, entre en 'O meu rexistro' ou diríxase ao persoal da súa biblioteca. As reservas caducan 48 horas despois de ser recibidas na biblioteca e de que o usuario sexa avisado por correo electrónico. Pódense facer tantas reservas como exemplares se podan sacar en préstamo.

O meu rexistro

Esta opción permite a cada usuario coñecer o estado dos seus préstamos, facer reservas, renovacións, consultar o historial de préstamos, etc. Acceso a 'O meu rexistro'.

Préstamo intercentros

Os usuarios, a través da súa biblioteca, poden solicitar en préstamo os fondos doutras bibliotecas da UDC sen necesidade de se desprazar. Poden solicitar este servizo na biblioteca do centro a que pertencen. As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio.

Unha vez que chegue o documento, este reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase á biblioteca prestataria o terceiro día.

Préstamo de lectores de libros electrónicos

A biblioteca da UDC ofrece este servizo restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de 15 días e poderá ser renovado por outros 15, se non hai usuarios en listaxe de agarda. O lector terá que ser devolto  sempre na biblioteca onde se fixo o préstamo. O usuario é responsable do lector que leva en préstamo e dos dispositivos que se entregan con este (tarxeta, cable, usb e funda). Ten que devolvelo nas mesmas condicións nas que o recibiu e facer un uso respectuoso do material e non modificar a configuración nin cambiar o contido da tarxeta.

Para facer uso deste préstamo ten que cubrir esta solicitude.

Actualmente, a seguinte biblioteca da UDC dispón do servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos:

  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Préstamo de ordenadores portátiles

Este servizo está restrinxido aos membros da comunidade universitaria e a duración do préstamo será de catro horas,  aínda que poderá ser renovado por outras catro se non hai usuarios en listaxe de agarda. O usuario é responsable do portátil que leva en préstamo e terá que devolvelo nas mesmas condicións en que o recibiu. Se detecta un mal funcionamiento do equipo, deberá comunicalo de inmediato ao persoal da biblioteca.

Para facer uso deste préstamo terá que cubrir esta solicitude.

Actualmente, as seguintes bibliotecas da UDC dispoñen do servizo de préstamo de ordenadores portátiles:

  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

 

Para máis información consulte a Guía de préstamo ou acuda ao persoal da Biblioteca.