As distintas bibliotecas de centro da UDC ofrecen, no seu conxunto, ao redor de 3.400 postos de lectura, para a consulta dos seus fondos.
Nalgúns casos existen salas para a consulta de materiais especiais (fondo antiguo, microformas...) e hemerotecas para a consulta de publicacións periódicas.
O préstamo réxese polas Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña, aprobadas pola comisión da Biblioteca Universitaria o 17 de novembro de 2008.
Para acceder a este servizo, hai que presentar a tarxeta de usuario (ou DNI ou pasaporte) que acredite que se pertence a algún dos grupos de persoas relacionadas no punto 2 das Normas de Préstamo.
Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de seren prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüidade ou preservación, poderanse consultar unicamente na biblioteca. (Punto 4 das Normas de préstamo).
O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración deste, varía segundo o tipo de usuario:
| USUARIO | OBRAS | DÍAS |
| Estudantado de grao, 1.º e 2.º ciclo e senior; PAS | 6 | 10 |
| Estudantado de doutoramento | 25 | 21 |
| Estudantado de másteres, proxecto de fin de grao ou fin de carreira | 10 | 21 |
| PDI, profesorado visitante | 100 | Curso |
| Persoal bolseiro de investigación e persoal investigador contratado | 25 | Curso |
| Usuarios autorizados externos | 3 | 10 |
Pódese renovar o período de préstamo de todos os documentos sempre que outro usuario non os tivera solicitado. A renovación pódese facer a través de 'O meu rexistro', por teléfono ou persoalmente en calquera das bibliotecas. Contabilízase a data de renovación a partir do día no que esta é solicitada.
Os documentos que se atopen prestados poden ser reservados por calquera usuario. Para solicitar a reserva dun exemplar, entre en 'O meu rexistro' ou diríxase ao persoal da súa biblioteca. As reservas caducan 48 horas despois de ser recibidas na biblioteca e de que o usuario sexa avisado por correo electrónico. Pódense facer tantas reservas como exemplares se podan sacar en préstamo.
Esta opción permite a cada usuario coñecer o estado dos seus préstamos, facer reservas, renovacións, consultar o historial de préstamos, etc. Acceso a 'O meu rexistro'.
Os usuarios, a través da súa biblioteca, poden solicitar en préstamo os fondos doutras bibliotecas da UDC sen necesidade de se desprazar. Poden solicitar este servizo na biblioteca do centro a que pertencen. As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio.
Unha vez que chegue o documento, este reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase á biblioteca prestataria o terceiro día.
Para máis información consulte a Guía de préstamo ou acuda ao persoal da Biblioteca.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000