Doazón de publicacións

200 por 150

O Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña ofrece unha selección de documentos que por diversas circunstancias (duplicación, non pertinencia para a nosa colección, etc.) non necesita, por se fose de interese para algún particular ou institución.

Normativa:

  • O solicitante do material ofertado comprométese a non facer uso con fins lucrativos deste material. A Biblioteca Universitaria non asume ningunha responsabilidade no caso da sua utización inadecuada.
  • As peticións poderán realizarse persoalmente ou por correo electrónico á biblioteca que oferta os documentos. A biblioteca do centro informará ao peticionario da súa disponibilidade, dado que pode haber máis dunha solicitude sobre un título ofertado. As peticións priorizaranse por orde de entrada.
  • Se quere consultar o/s título/s no/s que está interesado, pode facelo acudindo á biblioteca doadora.
  • En canto á cantidade de títulos solicitados, non haberá un número establecido, excepto que pola cantidade do material ofertado e os solicitantes interesados, a biblioteca que ofrece a doazón determine fixar un máximo.
  • O solicitante obterá o material recolléndoo directamente na biblioteca, ou no caso de solicitar o seu envío, por correo ou mensaxería a portes debidos. Se o solicitante fora persoal da Universidade da Coruña, o envío realizarase por correo interno

Se ten algunha dúbida contacte coa biblioteca ofertante da doazón.

Monografías para doazón:

Servizo de Biblioteca Universitaria:

Escola Politécnica Superior:

Publicacións periódicas para doazón:

Servizo de Biblioteca Universitaria:

Ciencias:

Escola Politécnica Superior:

Escola Universitaria Politécnica:

Facultade de Filoloxía:

Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín: