Formación de usuarios

banner_udc_baja

A Biblioteca da UDC presenta este curso o cuarto ano do seu programa de Formación de Usuarios. Nel afóndase na necesaria ensinanza dos produtos postos a disposición da comunidade universitaria pola biblioteca, co obxectivo principal de conseguir que os usuarios utilicen cada vez máis os nosos recursos. Como resultado do uso destes mellorará a calidade da aprendizaxe do alumnado e a capacidade investigadora do PDI.

Os novos cursos enmárcanse nos proxectos do grupo de Traballo de Formación de usuarios da BUDC; un novo elo para acadar o obxectivo da incorporación da formación ofertada pola biblioteca nas competencias nucleares e transversais da Universidade. Este curso imos organizar novas sesións: “Como se fai un traballo de grao”, “Como se fai unha tese de doutoramento e outros traballos académicos” e “Como se mide a información”. Dependendo da demanda, faranse cursos nas diferentes bibliotecas dos centros, ademais dos que por parte do Servizo de Biblioteca realizaremos nos campus da Coruña e de Ferrol.

A parte desta formación máis especializada, as bibliotecas das facultades e escolas realizan, ao comezo do curso académico, sesións de presentación, dirixidas principalmente ao novo alumnado, aínda que tamén poden asistir o resto de alumnos. Neles faise unha breve visita guiada á biblioteca, explícase o uso do catálogo e os servizos que se ofrecen, entre outras cousas.

Cursos de formación presencial 2012-2013:

Formulario de inscrición


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000