Titorial "El plagio y la honestidad académica": titorial producido pola Biblioteca da Universidade de Sidney. Foi adaptado e traducido ao castelán por CI2 (Competencias Informáticas e Informacionales), unha comisión mixta intersectorial CRUE-TIC e REBIUN.
Ética na investigación: páxina desenvolvida polo CSIC con boas prácticas científicas, normativa, ligazóns e documentos de interese, ...
Ethics in research & publication: páxina da editora Elsevier con información sobre a ética na investigación e publicación.
Listaxe de recursos para detectar plaxios baseada na recopilación feita en "wwwhat's new" por Juan David Quiñónez:
- Google: pódese utilizar para detectar plaxios buscando algúns fragmentos de texto entre comiñas.
- Grammarly: análise de plaxio na web con ligazóns aos sitios onde o atopou, realiza revisións de tipo ortográfico, de gramática, vocabulario, signos de puntuación e estilo de escritura, iso si, só de lingua inglesa.
- The Plagiarism Checker: ferramenta da Universidade de Maryland que revisa un determinado texto xa sea pegándoo no sitio ou ben desde un arquivo word.
- Plagiarisma.Net: busca en Bing, Yahoo! ou Google calquera fragmento de texto insertado na caixa de busca que o compón, ademais poden cargarse documentos (PDF, DOC, HTML, ODT, TXT) e pegar enderezos de páxinas web. Ten versión de escritorio gratuíta para Windows que busca incluso en Google Scholar.
- Purdue OWL: ofrece, ademais de todo tipo de estratexias para atopar plaxios, ferramentas e recursos para fortalecer o proceso de escritura sen necesidade de caer no fraude textual. En inglés.