Propiedade intelectual / Acceso ao documento

Entre os servizos ofrecidos aos investigadores encóntranse

Acceso ao documento: permite obter documentos que non se encontran nas bibliotecas da universidade:

O préstamo interbibliotecario é un servizo especialmente dirixido aos investigadores coa finalidade de localizar e solicitar a outras bibliotecas libros, artigos ou documentos que non se atopan nas bibliotecas da UDC. Pode obter máis información sobre o funcionamento deste servizo.

Propiedade intelectual e dereitos de autor:

Ofrécese información sobre as implicacións legais do uso da produción intelectual e da actividade investigadora, propia e allea. Pódese poñer en contacto con nós para aclarar dúbidas ou facer suxestións.

  1. Propiedade intelectual: conceptos básicos
  2. Propiedade industrial
  3. Quen son os titulares dos dereitos de autor
  4. Como pode o autor xestionar estes dereitos
  5. Uso das obras alleas
  6. Límites aos dereitos de autor
  7. Usos dos materiais na aula virtual
  8. Lexislación
  9. Enlaces de interese

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000