Como xestionar os dereitos de autor

Que é a xestión dos dereitos de autor?

O termo xestión de dereitos refírese ao modo de administrar os dereitos de autor e dereitos afiíns, é dicir, ao modo de concedelos, cedelos ou remuneralos segundo o tipo de utilización.

Que pode facer cos seus dereitos de autor?

  • Mantelos.
  • Compartilos (por exemplo, utilizando unha licencia Creative Commons).
  • Cedelos total ou parcialmente a unha editorial ou revista.
  • Xestión colectiva a través das entidades de xestión (SGAE, CEDRO, VEGAP, DAMA, etc.). Nalgúns casos a lexislación obriga á cesión dos dereitos a estas entidades que actúan de intermediarias entre os autores e os usuarios.

Teña en conta que:

Se cede todos os seus dereitos de explotación a un editor, non poderá facer uso da sua propia obra nin autorizar a outros, sen obter o permiso do editor.

Para que o editor poda explotar comercialmente a obra non é necesaria a transferencia dos dereitos de autor.

Previamente á publicación, é moi importante que os autores sexan conscientes dos dereitos que queren manter e que analicen moi bien o tipo de contrato ou cesión de dereitos que asinan coa editorial.

Tipos de contratos de publicación para os autores:

  • Licenzas exclusivas
    Os dereitos de explotación transfírense en exclusiva ao editor. A reutilización por parte doutros está limitada ou depende dos permisos do editor.
  • Licenzas non exclusivas
    O autor mantén os dereitos de explotación, pero é o editor o que da os permisos para a difusión da obra. A cesión de dereitos realízase mediante a sinatura dos acordos denominados Copyright Transfer Agreements (CTA).
  • Licenzas Creative Commons
    Son licenzas nas que o autor outorga unha maior liberdade de uso sobre a súa obra  aínda que baixo determinadas condicións. Estas condicións son escollidas polo propio autor de modo que, fronte unha obra con "todos os dereitos reservados", as licenzas Creative Commons propoñen "algúns dereitos reservados". Despois dun proceso de adaptación en España temos desde o ano 2004 seis modelos posibles de licenzas Creative Commons.

Claves para mellorar a xestión dos dereitos de autor (vídeos elaborados por Rebiun):

Produción intelectual do investigador

Conserva os teus dereitos de autor

Publicar en revistas científicas e autoarquivo en repositorios