O catálogo da Biblioteca da Universidade da Coruña informa dos documentos accesibles nas nosas bibliotecas (libros, revistas, vídeos, discos, recursos electrónicos, etc.).
Se desexa que a súa revista apareza no catálogo, pode solicitalo na biblioteca do seu centro ou no seguinte enderezo: revistas@udc.es.
Se é membro da UDC, edita algunha revista científica en formato electrónico e quérea incluír no RUC, o repositorio da UDC, primeiro debe poñerse en contacto co Servizo de Publicacións: publica@udc.es.
Dialnet é un portal bibliográfico de acceso libre cuxo principal obxectivo é dar visibilidade á literatura científica hispana en Internet. Conta cunha base de datos multidisciplinar que permite o depósito de contidos a texto completo. É un proxecto de cooperación institucional que ofrece servizos como: alertas bibliográficas, unha das maiores bases de datos de contidos científicos hispanos, depósito de literatura científica a texto completo, etc.
Se quere que a súa revista apareza indexada en Dialnet, pode solicitalo no seguinte enderezo: dialnet@udc.es.
Información para editores sobre Dialnet.
Como cada base de datos ten os seus criterios de selección de revistas, se quere que a súa revista sexa incluída nunha base de datos, debe buscar na súa páxina web información sobre os criterios de selección que aplican para indexar revistas e contactar cos produtores para suxerir a súa inclusión.
Información dalgunhas bases de datos multidisciplinares:
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000