"Ciencia 2.0: aplicación de la web social a la investigación" (REBIUN): informe que fai unha análise das posibilidades da web social para a investigación, establecendo diferentes áreas de aplicación, seleccionando recursos e avaliando as utilidades destes para as bibliotecas.
"Difusión y divulgación científica en Internet": documento elaborado por Juan García Álvarez de Toledo e René Fernández Sánchez e promovido por iniciativa do Principado de Asturias. Pretende axudar a encontrar en Internet os cauces máis adecuados para a difusión da investigación científica nas comunidades científicas, e para a súa divulgación no conxunto da sociedade ofrecendo un percorrido polas principais ferramentas web dispoñibles.
As comunidades científicas son sitios web que ofrecen información sobre os usuarios rexistrados neste sitio. Os usuarios crean o seu propio perfil persoal no que describen os seus datos, intereses de investigación, actividades ás que se dedican, etc.
O seu obxectivo é promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os investigadores e as institucións, facilitando a difusión e o acceso á investigación.
En xeral, estas redes científicas permiten:
Para realizar traballos colaborativos existe RealtimeBoard que é un proxecto que permite unha colaboración visual en tempo real. Pódense crear paneis de traballo, incluír imaxes, debuxar para representar ideas, mapas mentais, presentacións ou calquera asunto que queiramos discutir en grupo. É posible invitar a outras persoas para colaborar no panel.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000