Números normalizados

Os números normalizados máis comúns son:

DOI

Digital Object Identifier. Proporciona un identificador persistente e unívoco a calquera contido nun entorno dixital.

ISSN

International Standard Serial Number. Código internacional de identificación das publicacións seriadas (revistas, xornais, boletíns, anuarios, series monográficas...).

ISBN

International Standard Book Number. Número creado para dotar a cada libro dun código numérico que o identifique co obxectivo de facilitar a súa circulación no mercado editorial.