Normalizar o nome do autor nas publicacións

Normalización de autores e institucións (FECYT): recomendacións para fomentar a sinatura normalizada dos investigadores españois nas súas publicacións.

Recomendacións para os enderezos electrónicos e páxinas web do persoal investigador (Isidro F. Aguillo, CINDOC-CSIC).

ORCID (Open Researcher & Contributor ID): é un sistema para a identificación inequívoca dos autores de publicacións científicas. Pretende ser o rexistro único mundial de autores, á maneira do Identificador de Obxectos Dixitais (DOI). Conéctase con sistemas actuais de identificación de autor como ResearcherID e Scopus Author Identifier, entre outros; con CrossRef, a principal axencia de registro de DOIs (Digital Object Identifier), mediante a súa funcionalidade ORCID Auto-Update; e coa rede científica e xestor de referencias Mendeley a través da aplicación Mendeley to ORCID. Máis información (Universidade Politécnica de Cataluña).

IraLIS (International Registry for Authors: Links to Identify Scientist): sistema de estandarización das sinaturas dos autores científicos pensada especialmente para autores españois.

Researcher ID na Web of Science: perfil individual que pode crear o autor dentro da WOS. Máis información.

Scopus Author Identifier: asigna un identificador a cada autor que ten artigos publicados na súa plataforma. Máis información.

‪‎AutoresRedalyc‬, sistema que permite aos autores crear páxinas de perfil e identificar as súas publicacións indizadas no Sistema de Información Científica Redalyc.

Dialnet ID: todos os autores con publicacións en Dialnet contan cun identificador único (Dialnet Id) e cunha páxina de autor que recolle toda a súa produción indizada neste portal (artigos de revistas, teses, libros…). A páxina de autor pode ofrecer ademais información adicional: a institución á que pertence o autor, ligazóns a outras bases de datos nas que está referenciado, a outros perfís de investigador ou a páxinas web do autor.