Indicadores da produción científica

A produción científica na UDC

Principais indicadores da produción científica:

Factor de impacto

O factor de impacto ou índice de impacto mide a frecuencia coa que unha revista foi citada nun ano concreto. É un indicador que permite comparar revistas e avaliar a importancia relativa dunha revista dentro dun mesmo campo científico. Calcúlase da seguinte maneira: A = B/C
A = Factor de impacto da revista X nun ano (por exemplo, 2011)
B = Número de citas recibidas pola revista X nese ano 2011 de artigos publicados nos dous anos anteriores (2009 e 2010)
C = Número de artigos publicados na revista X nos dous anos anteriores (divídese polo n.º de artigos para corrixir a vantaxe potencial das revistas que publican moitos traballos, xa que estas teñen maior probabilidade de ser citadas).

Pódese consultar en:

Índice de inmediatez

O índice de inmediatez mide a rapidez coa que se citan os artigos dunha revista científica e permite identificar revistas punteiras en investigacións de ampla repercusión. Calcúlase da seguinte maneira: A = B/C
A = Índice de inmediatez da revista X nun ano (en 2011, por exemplo)
B = Número de citas recibidas en 2011 de artigos publicados na revista X en 2011
C = Número de artigos publicados na revista X en 2011

Pódese consultar en:

Índice H

O índice H de Hirsch é un indicador que permite avaliar a produción científica dun investigador. Foi proposto por Jorge Hirsch, da Universidade de California, en 2005.
Permite medir simultáneamente a calidade (en función do número de citas recibidas) e a cantidade da produción científica e é moi útil para detectar os investigadores máis destacados dentro dun área de coñecemento. Dá bastante importancia á cantidade de publicacións do autor, valorando deste modo un esforzo científico prolongado ao longo de toda unha vida académica.
Calcúlase ordeando as publicacións dun investigador polo número de citas recibidas en orden descendente e a continuación numerando e identificando o punto no que o número de orde coincide co de citas recibidas por unha publicación.
Exemplo: índice H = 7 (hai 7 publicacións que recibiron alomenos 7 citas cada unha)

Pódese consultar en:

Cuartil

O cuartil é un indicador ou medida de posición dunha revista en relación con todas as da súa área. Se dividimos en 4 partes iguais unha listaxe de revistas ordeadas de maior a menor factor de impacto, cada unha destas partes será un cuartil. As revistas co factor de impacto máis alto estarán no primeiro cuartil, os cuartiles medios serán o segundo e o terceiro e o cuartil máis baixo será o cuarto.
100 revistas dunha categoría / 4 cuartiles = 25 revistas por cuartil (Q1: 1-25, Q2: 26-50, Q3: 51-75, Q4: 76-100)

Pódese consultar en:

SCImago Journal Rank (SJR)

Con SJR, a área de investigación, calidade e reputación da revista científica teñen un impacto directo sobre o valor da cita. Por iso, a cita dunha revista cun alto SJR vale máis que a cita nunha revista cun SJR máis baixo.
Está construído como unha variación do Eigenfactor, e se inspira no PageRank de Google Académico para avaliar o impacto dunha publicación combinando o número de citas recibidas coa influencia das publicacións que a citan. Calcúlase utilizando un algoritmo iterativo no que, partindo dunha puntuación idéntica para cada revista, o conxunto de revistas redistribúense as puntuacións cada vez que se citan entre elas. Unha vez calculado o prestixio de cada revista, realízase un proceso de normalización para que o indicador neutralice o tamaño da revista. Desta forma, estandarízase o patrón de citas entre as diferentes áreas de investigación.

Pódese consultar en: SCImago Journal Rank, Scopus

Source Normalized Impact per Paper (SNIP)

Este indicador foi deseñado na Universidade de Leiden para permitir comparar o impacto de revistas de diferentes campos temáticos, corrixindo as diferenzas na probabilidade de ser citado que existe entre revistas de distintas materias e incluso entre revistas da mesma área de coñecemento.
Mide o impacto das citas contextuais basándose no número total de citas dun determinado campo temático. Pondera o número de citas recibidas coa frecuencia de citas nunha área de coñecemento (inmediatez); é dicir, nun campo de investigación cunha menor frecuencia de citas, cada cita ten un valor superior ao das citas en campos con maior frecuencia de citas. Tamén considera a frecuencia coa que citan os autores ou a proxección dun área de coñecemento nas bases de datos de referencia.

Pódese consultar en: SCImago Journal Rank, Scopus

Clasificacións de investigadores e universidades


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000