Outros indicadores (patentes, software, datos)

Avaliación de patentes

WoS: Busca por Patente Citada. Derwent Innovations Index, base de datos cancelada con datos ata decembro de 2009 (con información de patentes de valor agregado procedente do Derwent World Patent Index, ademáis de información de citas de patentes procedente do Patents Citation Index) .

Google Patents: motor de busca de Google que indiza patentes e aplicacións de patentes dos seguintes organismos: Deutsches Patent -und Markenamt (DPMA), Canadian Intellectual Property Office (CIPO), Oficina Nacional de Propiedad Intelectual e Industrial de la República Popular China (SIPO), United States Patent and Trademark Office (USPTO), European Patent Office (OEP) e Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI)

IPscore: programa informático gratuíto da OEP para a valoración de patentes e proxectos de desenvolvemento tecnolóxico. Ofrece unha avaliación tanto cualitativa como cuantitativa en forma de previsión financieira que mostra o valor actual neto da tecnoloxía avaliada. Ademáis, produce gráficos e un informe que facilita a comunicación dos resultados da avaliación.

Patent Factor Index: análise cuantitativa do valor comercial e tecnolóxico obtido mediante un motor de busca con análise semántica. Usa modelos de regresión econométricos e análise bibliométrico e de citacións.

SciFinder: indexación exhaustiva de patentes químicas de todo o mundo. A política de CAS é indizar o documento da patente publicado en primeiro lugar (normalmente unha solicitude de fóra dos Estaods Unidos) en unha familia. Patentes posteriores concedidas e outras aplicacións lístanse na táboa da Patent Family no rexistro completo.

Scopus incorpora nos seus resultados de procura 25.2 millóns de patentes de cinco oficinas de patentes (Oficina de Patentes e Marcas Rexistradas de Estados Unidos, Oficina Europea de Patentes, Oficina Xaponesa de Patentes, Organización Mundial da Propiedade Intelectual e Oficina del Propiedade Intelectual do Reino Unido).

 Métricas de datos

DataCite: ONG internacional dedicada á mellora da identificación, a referencia e as métricas dos datos de investigación. DataCite Labs hospeda actualmente o servizo data-level metrics (DLM)

Data-Level Metrics (DLM): indicadores para o seguimento e medida do uso dos datos, deseñados e desenvolvidos no marco do Data Level Metrics Project no que participan o grupo UC3 da California Digital Library, PLOS e NCEAS (por parte da federación DataONE).

Data Citation Index (da Web of Science) indiza unha colección de conxuntos de datos tomados dunha selección de repositorios. Permite a busca, recuperación, reutilización e interpretación dos datos. "Mostra o impacto total dos resultados da investigación na institución, máis allá do contido publicado" e "conforme as prácticas de citación de datos váianse estandarizando, proporcionará aos investigadores un medio más consistente e visible de obter a atribución polo seu traballo".

DataDryad: repositorio que permite que os datos subxacentes das publicacións científicas se usen libremente e se citen; ofrece informacón de visualización e descargas.

DataSearch: buscador de datos de investigación, creado por Elsevier, que indexa datos de repositorios como ScienceDirect, ArXiv, PubMed Central, Mendeley Data e Dryad, entre outros.

Figshare: repositorio onde os usuarios poden facer que todos os seus produtos de investigación estean a disposición para citalos, compartilos e recoñecelos; ofrece métricas web de visitas e descargas.

Mendeley Data: repositorio de datos gratuíto multidisciplinar que permite o autoarquivo de datasets (aos que se lle asigna un DOI facilitando a súa citación), ofrece información sobre visualizaciones e descargas dos conxuntos de datos, e un sistema de control de versións.

Altmetric.com: provedor de métricas alternativas de datasets e outros resultados da investigación.

ImpactStory: aplicación web gratuíta que facilita o seguimento do impacto dunha ampla variedade de obxectos de investigación, incluídos conxuntos de datos.

Metricas de software científico

Depsy: app de código aberto creada por Impactstory que mide o impacto do software de investigación