Ferramentas para recopilar indicadores na web

Iniciativas institucionais

Altmetrics: A Manifesto
DataCite: ONG internacional dedicada á mellora da identificación, a referencia e as métricas dos datos de investigación. DataCite Labs hospeda actualmente o servizo data-level metrics (DLM)
Data Level Metrics Project: o grupo UC3 da California Digital Library, PLOS e NCEAS (por parte da federación DataONE) están a deseñar e desenvolver métricas para o seguimento e medida do uso dos datos, data-level metrics (DLM).
DataNet Federation Consortium: proxecto financiado pola National Science Foundation que ten os obxectivos de implementar unha rede nacional de datos; posibilitar a investigación colaborativa en coleccións de datos compartidos; permitir a reproducibilidade das investigacións; e compendiar o coñecemento necesario para levar a cabo análises de datos como fluxos de traballo (workflows), e rexistrar e compartir fluxos de traballo.
Knowmetrics: proxecto composto por investigadores ligados á Universidade de Granada e a Medialab UGR, así como a outras universidades europeas e americanas. Financiado pola Fundación BBVA, pretende propoñer novas formas de recoñecemento e valoración das actuais formas de xeración e difusión do coñecemento na sociedade dixital, especialmente dentro das Humanidades Dixitais e tamén dentro das Ciencias Sociais.
NISO Alternative Assessment Metrics (Altmetrics) Initiative: iniciativa subvencionada cunha bolsa da Alfred P. Sloan Foundation para o estudo e a creación de estándares relacionados cun novo conxunto de métricas sociais.
PLoS ONE: acelerando a publicación da ciencia revisada por pares.

Altmetrics

Altmetrics emprégase para designar as novas métricas que se propoñen como alternativas aos indicadores de visibilidade tradicionais (que miden a repercusión de revistas científicas), como o factor de impacto. Este termo propúxose en 2010 como unha generalización das métricas usadas a nivel de artigo (ALM ou article-level metrics). As altmetrics non só cobren o número de citas; tamén recollen outros aspectos do impacto dun traballo, como cantos datos ou bases de coñecemento refírense a el, visualizacións do artigo, descargas, ou mencións en medios sociais ou en prensa.

Altmetric.com: segue os comentarios na rede sobre artigos en prol dos editores, autores, bibliotecas e institucións. Recolle información das seguintes fontes: blogs e redes sociais (Twitter, Facebook, Google+, LinkedIn, Pinterest, Reddit, YouTube, Wikipedia), sitios e forums de peer-review (Faculty of 1000, Peerage of Science, Research Highlights nas revistas do Nature Publishing Group, etc.), xestores de referencias (CiteULike, Mendeley), e canles de distribución (outlets) de medios de comunicación xeneralistas (mediante o seguimento dunha selección de canais RSS de sitios web de noticias). O resultado móstrase no donut de Altmetric.com. Significado dos cores do donut e algoritmo para o cálculo do resultado ou score.
Altmetric Bookmarklet: utilidade para navegadores Chrome, Firefox ou Safari que permite obter, mediante a incorporación dun marcador "Altmetric It!" á barra de favoritos, as altmetrics dos artigos (con identificador DOI) visualizados. Só prestan soporte a editores que integran por defecto metadatos bibliográficos compatibles con Google Scholar nas súas páxinas, aínda que están engadindo servizo para outros. Pódese solicitar soporte para una revista en particular pedindo “@altmetric for it” en Twitter.
Altmetric for Scopus: implementación de Altmetric nesa base de datos que ofrece un modo sinxelo de ver tódalas mencións nos medios sociais ou xeneralistas referidas a un concreto artigo de investigación, e de contar as lecturas en coñecidos xestores de referencias.
Altmetric for Books: produto de Altmetric.com para medir e analizar a atención na rede a libros e capítulos. A colaboración con Open Syllabus Project (OSP), cunha base de datos de máis dun millón de guías docentes de asignaturas de universidades, amplía a cobertura de Altmetric for Books ás mencións a libros nos programas (syllabi-based altmetrics)
Bookmetrix: plataforma resultante da colaboración entre Springer e Altmetric.com, que recolle métricas de impacto, uso e alcance para libros e capítulos de Springer.
PLoS Article-Level Metrics: proporciona un conxunto de indicadores de impacto para medir o rendemento global e alcance de artigos de investigación publicados en PLoS.
PLoS Impact Explorer: permite navegar polas conversas recollidas por altmetric.com para artigos publicados pola Public Library of Science (PLoS).
PlumX: realiza o seguimento de máis de 20 diferentes tipos de obxectos, incluindo artigos de revistas, libros, vídeos, presentacións, actas de congresos, conxuntos de datos, código fonte, casos e máis. Desde abril de 2016, as métricas de PlumX están dispoñibles na base de datos CINAHL, con datos resumidos nun widget (Plum Print) baixo a referencia bibliográfica dos artigos e detallados nunha páxina independente.

RK-Ranking Knowmetrics: forma parte do proxecto Knowmetrics. O seu obxectivo é ilustrar o impacto social da investigación das universidadades españolas a través da visibilidade da súa investigación nas redes sociais. Ten en conta as revistas científicas indexadas na Web of Science.

Scopus Article Metrics: módulo engadido á base de datos que inclúe tanto métricas tradicionais (número de citas) como novos indicadores baseados en catro categorías de métricas alternativas avaladas polo proxecto Snowball Metrics: scholarly activity, mass media, scholarly commentary e social activity. Ofrece datos resumidos nun cadro lateral a dereita de cada artigo e detallados nunha páxina independente.
WoS Item Level Usage Metrics: dous novos indicadores de interese, non de impacto, útiles para para mellorar a busca de información relevante aínda non citada. Mostra as veces (Conteo de uso) que se accedeu ao texto completo ou se cargou un rexistro nun xestor bibliográfico ao longo dos últimos 180 días e desde 2013

 

Servizos web para o cálculo de altmetrics

Impactstory: aplicación web gratuíta que facilita o seguimento do impacto de una ampla variedade de obxectos de investigación (artigos, conxuntos de datos, presentacións, código fonte), agregando datos de impacto de múltiples fontes, desde Mendeley a GitHub e Twitter, nun único informe con enlace permanente.
Kudos: servizo web para a comunidade científica que permite aos investigadores crearen perfís nos que engadir as súas publicacións, importalas de ORCID, comentalas e seguir a evolución das métricas a nivel de artigo (Altmetric Score, actividade relacionada nas redes sociais, etc.)
Lagotto: continuación dos proxectos ScienceCard e PLOS Article-Level Metrics, desenvoltos por Martin Fenner, co obxectivo de que os artigos sexan avaliados polos seus propios méritos (article-level metrics) en non pola revista na que sexan publicados.
PaperCritic: ofrece aos investigadores unha forma de supervisar todo tipo de feedback sobre o seu traballo científico, e permite que todos poidan avaliar facilmente o traballo dos outros, nun medio totalmente aberto e transparente. 

Exemplos:
Exemplos nas coleccións dixitais da biblioteca:

 

Snowball Metrics

Unha snowball metric é "aquela que foi definida e aprobada por institucións de educación superior como de utilidade no apoio da súa planificación estratéxica ao permitir o benchmarking entre institucións. Estas métricas contan con metodoloxías avaliadas (recipes) para garantir que poden ser xeradas cunha cantidade razoable de traballo manual. As devanditas metodoloxías son de libre acceso e poden ser utilizadas por calquera organización." (Colledge, L, Snowball Metrics Recipe Book, 2014, p. 32)

Este tipo de métricas son o resultado dunha iniciativa das universidades do Reino Unido para a medición obxectiva dos seus produtos académicos (output) e da eficacia (outcome) na asignación dos recursos (input). O seu esforzo colaborativo concretouse nuhna serie de "receitas" (recipes), sobre as que un provedor comercial, Elsevier, elaborou en 2014 a ferramenta piloto Snowball Metrics Lab para verificar que efectivamente se poden "cociñar" (cookable). Preténdese que as conclusións se estendan ao sector internacional da educacion superior mediante un efecto de bola de neve; por iso o nome de snowball metrics.

Exemplos:
Métricas de recursos (input), produtos (output) e resultados (outcome) da investigación