Índices de calidade de monografías

Altmetric for Books: produto de Altmetric.com para medir e analizar a atención na rede a libros e capítulos. A colaboración con Open Syllabus Project (OSP), cunha base de datos de máis dun millón de guías docentes de asignaturas de universidades, amplía a cobertura de Altmetric for Books ás mencións a libros nos programas (syllabi-based altmetrics)

Bipublishers: Bibliometric Indicators for Publishers. Proxecto do EC3 Research Group da Universidade de Granada que ten o obxectivo de desenvolver indicadores para o análise do rendemento de editoriais científicas e académicas de monografías incluídas no Book Citation Index da Web of Science.

Book Citation Index (BCI) é un índice de citas de subscrición que forma parte da Web of Science Core Collection de Thomson Reuters. Indiza unha selección de 60.000 monografías académicas, electrónicas e en papel, publicadas a partir de 2005 e que inclúen traballos de investigación orixinais ou revisións dos mesmos. O índice componse da Science edition e a Social Sciences & Humanities edition. Listaxe de libros

Book Publishers Library Metrics: índice bibliométrico que pretende medir o grado de difusión e visibilidad das editoriais de libros científicos no ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais a partir do reconto dos libros incluídos nos catálogos de bibliotecas universitarias e académicas españolas que integran o catálogo colectivo REBIUN.

Publishers Scholar Metrics: índice bibliométrico que pretende medir o impacto das editoriais de monografías científicas a partir do reconto de citas dos libros publicados polos profesores e investigadores de universidades públicas españolas indizados en Google Scholar ata 2012 no ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais.

Current Research Information System in Norway (CRISTIN). Norwegian Scientific Index: sistema noruegués para a avaliación das publicacións construido sobre a base de datos CRISTIN, que recolle as publicacións xeradas por universidades e institucións públicas de investigación noruegués. Clasifica tanto os xornais como as editoriais de libros en dous niveis (1 e 2) por parte de paneis de investigadores de diversas institucións do país.

Scholarly Publishers Indicators (SPI). Ranking de editoriais baseado na opinión de expertos españois en Humanidades e Ciencias Sociais. Resultado do proxecto de investigación “Categorización de publicacións científicas en Ciencias Humanas e Sociais” financiado polo CSIC, e punto de partida no desenvolvemento do proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Avaliación de editoriais científicas (españolas e extranxeiras) de libros en Ciencias Humanas e Sociais a través da opinión dos expertos e da análise dos procesos editoriais”, iniciado en 2012. Ámbolos dous proxectos teñen como obxectivos máis xerais obter indicadores de calidade para libros e editoriais de carácter científico en Humanidades e Ciencias Sociais.

Scholarly Publishers Indicators Expanded. Dos creadores do SPI (Grupo de Investigación sobre o Libro Académico, ÍLIA), mostra a presenza ou ausencia de 2711 editoriais académicas de libros en catro sistemas de información: Book Citation Index, Scopus Book Titles, Norwegian list (categorización norueguesa de editoriais empregada en distintos países europeos) e Scholarly Publishers Indicators / Prestixio editorial.

Scopus tamén indiza libros. Entre 2013 e o inicio de 2015 desenvolveu a iniciativa Books Expansion Project para ampliar a súa cobertura de 360 series de libros a 75,000 títulos. Esa expansion incluíu monografías, volumes editados, as principais obras de referencia e manuais a nivel de grado. Tras ese período inicial, Scopus indizará 45.000 libros en 2015 e posteriormente 10.000 titulos anuais. Este incremento da cobertura dirxiuse a satisfacer as necesidades de disciplinas orientadas a libros nas ciencias sociais e nas artes e humanidades. Listaxe de libros

Selo de Calidade en Edición Académica - Academic Publishing Quality (CEA-APQ): proxecto iniciado pola Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE) ao que se sumaron a ANECA e a FECYT. As tres entidades asinaron en setembro de 2015 o Convenio de colaboración para a posta en funcionamento do selo de calidade para coleccións científicas. Os grupos de investigación E-lectra (Universidade de Salamanca), EC3 Evaluación de la Ciencia y la Comunicación Científica (Universidade de Granada) e ÍLIA (CSIC) tamén participaron na creación do selo.

Teaching Score (TS): indicador de monografías incluído no Open Syllabus Explorer (base de datos elaborada polo Open Syllabus Project que recolle información dos libros citados en máis dun millón de programas de asignaturas) que cuantifica nunha escala de 1 a 100 a presencia dunha obra nas bibliografías recomendadas dunha disciplina concreta; determina as obras máis empregadas nas aulas universitarias.