Indicadores de calidade de artigos

Definición:

Métricas a nivel de artigo (Article-Level Metrics ou ALM)

Segundo SPARC, “as ALM son un intento de medir o impacto no nivel de artigo usando fontes de datos tradicionais e emerxentes. Convén dinstinguilas das altmetrics, termo que na súa acepción estrita só comprende as novas métricas baseadas na web social para analizar a produción académica.

Por exemplo, a métrica a nivel de artigo "número de veces citado por outros artigos" pode obterse:

Métricas a nivel de artigo (proveedores)

PLoS Article-Level Metrics: proporciona un conxunto de indicadores de impacto para medir o rendemento global e alcance de artigos de investigación publicados en PLoS.

PlumX Metrics: por agora, únicamente dispoñible na base de datos CINAHL, os seguintes indicadores a nivel de artigo: uso, descargas, mencións e citas

Scholar Mirrors: produto do grupo de investigación EC3 (Grupo de Evaluación de la Ciencia y la Comunicación Científica) froito dun proxecto de investigación para a elaboración de métricas aos niveis de artigo, autor, xornal e editor, a partir de datos recollidos de Google Scholar Citations (GSC). Polo de agora, o eido do proxecto redúcese ao campo "Bibliometría, Cienciometría, Webmetría e Altmetrics". Os datos obtidos compáranse no portal Scholar Mirrors cos equivalentes de ResearcherID, Web of Science, ResearchGate e Mendeley

Scopus Article Metrics: módulo engadido á base de datos que inclúe tanto métricas tradicionais (número de citas) como novos indicadores baseados en catro categorías de métricas alternativas avaladas polo proxecto Snowball Metrics: scholarly activity, mass media, scholarly commentary e social activity. Ofrece datos resumidos nun cadro lateral a dereita de cada artigo e detallados nunha páxina independente

WoS Item Level Usage Metrics: dous indicadores de interese, non de impacto, útiles para para mellorar a busca de información relevante aínda non citada. Mostra as veces (Conteo de uso) que se accedeu ao texto completo ou se cargou un rexistro nun xestor bibliográfico ao longo dos últimos 180 días e desde 2013

Métricas a nivel de artigo (categorías de Snowball Metrics)

  • Número de citas (citation count): total de citas recibidas polo output da actividade científica dunha institución
  • Field-Weighted Citation Impact (FWCI): ratio entre o número de citas recibidas por un artigo e a media aritmética do número de citas recibidas por tódolos artigos similares nunha ventana de tres anos
  • Actividade académica (Scholarly Activity): indicador definido como o número de veces que a produción científica dunha institución foi publicada en ferramentas en liña empregadas habitualmente por investigadores: Mendeley, CiteULike, Google Scholar Library, QUOSA, Papers, ScienceScape, MyScienceWork, colwiz, zotero, Academia.edu, ResearchGate, VIVO e a función de Scopus “Add to My List”
  • Comentarios académicos (Scholarly Commentary): número de veces que o output da actividade científica dunha institución foi obxecto de comentarios en ferramentas en liña empregadas habitualmente por investigadores: blogs científicos, publicacións de vídeos en YouTube e Vimeo, peer reviews en Publons, comentarios posteriores á publicación en PubMed Commons, recensións en Faculty of 1000, e publicacións e citas na Wikipedia.
  • Actividade social (Social Activity): número de veces que o output da actividade científica dunha institución xerou anotacións en redes sociais como Facebook, Twitter, Reddit, Google, Pinterest, Linkedin e delicio.us.
  • Medios de comunicación (Mass Media): número de veces que o output da actividade científica dunha institución foi mencionada en notas de prensa e en sitios web de noticias como o do periódico The Guardian

Métricas a nivel de artigo (tipos)

Exemplos