Acreditación e sexenios

Axencias de avaliación:

Na adquisición da acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e na obtención dos sexenios de investigación, ten un papel moi relevante a Agencia Nacional de Evaluación de Calidad y Acreditación (ANECA) . A nivel autonómico temos a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Axencias de avaliación:

Na ANECA destacan os programas:
ACADEMIA: programa de acreditación nacional que avalía o perfil dos solicitantes para o acceso aos corpos de funcionarios docentes (Profesores Titulares e Catedráticos de Universidade) mediante a obtención do correspondente certificado de acreditación.
PEP: avalía a actividade docente e investigadora e a formación académica dos solicitantes para o acceso ás figuras de profesor universitario contratado (profesor contratado doutor, profesor axudante doutor, profesor colaborador e profesor de universidade privada).

CNEAI: realiza a avaliación da actividade investigadora dos profesores universitarios e do persoal das escalas científicas do CSIC, co obxectivo de que lles sexa recoñecido un complemento de productividade (sexenio).

Convocatorias:

Criterios de avaliación da ANECA para a obtención da acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios de Profesor Titular de Universidade e Catedrático de Universidade (de aplicación a partir do 17/11/2017)

Convocatoria de sexenios 2017
Criterios específicos aprobados por campos de avaliación (BOE 01/12/2017)
Procedemento para a avaliación da actividade investigadora (BOE 23/12/1994)

Materiais de apoio para solicitantes da acreditación ou sexenios:

Indicadores da produción científica
Identificación e normalización:
       - CVN: Curriculum Vitae Normalizado
       - Normativa sobre filiación institucional para os autores da UDC 
       - Iniciativas para facilitar a identificación dos investigadores