Sociedade aberta

The Golberger Building, built in 1909, houses the Open Society Archives

Open Society Foundations (OSF), anteriormente Open Society Institute (OSI), é unha rede sen ánimo de lucro fundada por George Soros, coa misión de traballar na construción de sociedades tolerantes cuxos gobernos sexan responsables e abertos á participación de todas as persoas. Busca fortalecer o imperio da lei, o respecto dos dereitos humanos, das minorías e da diversidade de opinións, os gobernos elixidos democraticamente e unha sociedade civil que controle o poder do goberno. Axuda a conformar políticas públicas para promover a gobernanza democrática, os dereitos humanos e o desenvolvemento económico, legal e social.

Access Info Europe: organización de dereitos humanos sen ánimo de lucro e con sede en España, dedicada á promoción e protección do dereito de acceso á información en Europa como ferramenta para a defensa das libertades civís e dos derechos humanos, para facilitar a participación pública na toma de decisións e para exixir contas (accountability) os gobernos.

CIVICUS é unha alianza internacional con membros e asociacións colaboradoras en máis de 100 países, que ten por obxecto fortalecer a solidez, crecemento e protección da acción do cidadán a través do mundo, especialmente en rexións onde a democracia participativa e o dereito de libre asociación están ameazados.

Deliberative Democracy Consortium (DDC): rede de profesionais e investigadores que representan a máis de 50 organizacións e universidades, e que traballan para fortalecer o campo da democracia deliberativa. O DDC ten por obxecto apoiar as actividades de investigación e a súa posta en práctica en todos os niveis de goberno, en Estados Unidos e no resto do mundo.

Integrated Civil Society Organizations (iCSO) System, instrumento creado polas Nacións Unidas para canaliza-la participación da sociedade civil e desenvolvido polo seu Departamento de Asuntos Económicos e Sociais (DEAS), facilita a interacción entre as organizaciones da sociedade civil e a ONU.

Open Government Partnership Steering Committee, composto por representantes tanto dos gobernos como da sociedade civil, guía o desenrolo e dirección da OGP.

Transparency International (TI): ONG internacional fundada en 1993 e con sede en Berlín, dedicada a combater a corrupción. Publica anualmente o Índice de Percepción de Corrupción e o Global Corruption Barometer. Conta con máis de 100 capítulos, entre eles Transparencia Internacional España.