Revisión en aberto

Peer Review Week

F1000Prime: revisión por pares posterior a publicación (post-publication peer review) da literatura biiomédica.

I4OC (Initiative for Open Citations): iniciativa para que as bibliografías dos artigos estén en aberto.

Libre: é unha plataforma de revisión desenvolvida por unha comunidade crecente de becarios de investigación,co fin de dar unha maior apertura e transparencia na evaluación académica e na comunicación.

Mysciencework

Open Peer Review Module (módulo de revisións abertas para repositorios institucionais): desenvolvido co apoio de OpenAire e coa participación dun consorcio de 6 membros dirixido por Open Scholar, integra un servizo superposto de revisión por pares, xunto con un sistema de reputación transparente, por enriba dos repositorios institucionais. Ofrécese gratuítamente como software de acceso aberto

Peer Evaluation: ferramenta que pretende facilitar o acceso aberto ós datos primarios, permite revisar e discutir por parte doutros compañeiros documentos de traballo, artigos e documentos dos medios sociais dos autores.

Peerage of Science

PeerJ: a  súa misión é axudar ao mundo a publicar eficientemente o seu coñecemento. Proporciona tres lugares abertos de publicación:  PeerJ (unha revista académica peer-reviewed) e Preprints PeerJ (un " servidor de pre-impresión"), centrados nas ciencias biolóxicas e médicas. E PeerJ Computer Science, revista de acceso aberto sobre informática.

Publons: a súa misión é acelerar a ciencia ao facer a revisión por pares máis rapido, máis eficiente e máis eficaz.

PubPeer: sitio web para a discusión e revisión da investigación científica; permite a revisión por pares posterior á publicación (post-publication peer review).

ResearchGate Open Review: funcionalidade que permite publicar unha revisión aberta e transparente de calquera artigo contido ou referenciado en ResearchGate.

ScienceOpen: rede de investigación e publicación para compartir e avaliar información científica. Por unha banda, agrega artigos de acceso aberto a partir dunha variedade de fontes - abrindoós para o seu comentario e discusión; por outra, publica en acceso aberto os manuscritos recibidos, posteriormente avaliados nun proceso de revisión por pares transparente.

The Winnower: plataforma de edición académica en acceso aberto que emprega un sistema aberto de revisión por pares posterior á publicación (open post-publication peer review)