Arxiv.org. É un arquivo electrónico automatizado e un servidor de distribución para artigos de investigación. Inclúe: física, matemáticas, ciencias da computación, bioloxía e estatística. É mantido pola Biblioteca da Universidade de Cornell.
Archive Ouverte en Sciences de l'Information et de la Communication. Repositorio que contén literatura sobre ciencias da información na súa maior parte en idioma francés.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Catálogo de teses de doutoramento. Acceso ao texto completo das teses de doutoramento de universidades españolas e estranxeiras.
Biomed Central. É unha editorial independente que ofrece acceso libre e gratuíto a artigos revisados e borradores de investigacións biomédicas. Recolle os artigos a texto completo de revistas especializadas en medicina e ciencias da vida.
British Medical Journal. É unha das revistas electrónicas máis importante en ciencias da saúde, aposta por un proceso aberto e exhaustivo de avaliación ou peer-review. Nela publícanse artigos orixinais de investigación, revisións, artigos educativos, cartas que analizan os factores económicos, político sociais e científicos que afectan á saúde. Ofrece acceso aberto e gratuíto ao contido dos artigos das investigacións editadas.
DART Europe E-theses Portal. Asociación de bibliotecas de investigación e de consorcios bibliotecarios que traballan conxuntamente para a mellora do acceso global ás teses de doutoramento europeas.
Digital.CSIC. Este repositorio institucional pretende reunir documentos de distintos tipos pertencentes a todas as áreas científicas do CSIC, tales como artigos de revistas, capítulos de libros, comunicacións a congresos, documentos de traballo, etc.
Directory of Open Access Journals (DOAJ). É unha base de datos que proporciona acceso a máis de 4000 revistas electrónicas gratuítas a texto completo que teñen interese para a comunidade científica e universitaria en ámbitos moi variados como son: agricultura, alimentación, arqueoloxía e historia, bioloxía, dereito e política, química, saúde, etc.
DSpace Mit Library. Pertence ás bibliotecas do MIT, é un repositorio institucional, construído para gardar, compartir e buscar os materiais dixitais de investigación do MIT. Inclúe preprints, informes técnicos, working papers, teses, actas de conferencias, imaxes e máis.
Dulcinea. Dereitos de copyright e autoarquivo de revistas científicas españolas.
E-Ciencia. Plataforma dixital de acceso libre á produción científica, xerada polas universidades públicas da Comunidade de Madrid, que se integran no Consorcio Madroño, e tamén por calquera investigador doutra universidade, institución, OPI, ou de maneira independente, que pretenda e desexe participar na difusión da ciencia en aberto, é dicir, descubrir e transmitir coñecemento á comunidade científica e á sociedade en xeral.
E-LIS: E-prints in Library and Information Science. É un arquivo de acceso aberto para documentos científicos ou técnicos, publicados ou non, sobre biblioteconomía, ciencias da información e tecnoloxía, e outras áreas relacionadas.
E-REVIST@S. É un portal de revistas electrónicas españolas e latinoamericanas de acceso aberto (Open access). Orixínase a partir do portal Tecnociencia, realizado dentro dun convenio FECYT-CSIC (2004-2006). Na actualidade o desenvolve persoal especializado pertencente ao Instituto de Estudios Documentales sobre Ciencia y Tecnología (IEDCYT-CSIC), antigo CINDOC (Centro de Información y Documentación Científica).
HighWire Press. Creada pola Universidade de Stanford, as súas publicacións atópanse entre as revistas especializadas de maior impacto na literatura científica actual. Especializada en ciencias experimentais, medicina, tecnoloxía e ciencias sociais, gran parte do seu contido é de acceso libre aínda que algunhas revista esixen o pago dunha subscrición para poder visualizar o contido de forma detallada.
ISOC. Base de datos de ciencias sociais e humanidades do CSIC.
Latindex. É un sistema de información sobre as revistas de investigación científica, técnico-profesionais e de divulgación científica e cultural que se editan nos países de América Latina, o Caribe, España e Portugal.
OAIster. Proxecto de OCLC. É un catálogo colectivo de millóns de rexistros de fontes de acceso aberto, que se recolectan desde coleccións de acceso aberto de todo o mundo empregando Open Archives Initiative Protocol for Metadata Harvesting (OAI-PMH). Inclúe máis de 25 millóns de rexistros, de máis de 1100 colaboradores.
OpenAIRE (Open Access Infraestructure for Research in Europe). Proporciona ferramentas para o depósito das publicacións financiadas pola UE; mecanismos de acceso eficiente a todas as publicacións OA da Unión Europea; soporte en liña para os investigadores que depositan as súas publicacións de investigación; estruturas de apoio para os administradores de repositorios; información sobre as políticas de acceso aberto e as prácticas para investigadores e institucións de investigación.
OpenGrey Repository. Repositorio que pertence á rede GreyNet. Sistema para Información sobre Literatura Gris en Europa (SIGLE, System for Information on Grey Literature in Europe), ofrece acceso aberto a máis de 700.000 referencias bibliográficas de literatura gris (en papel) producida en Europa e permite exportar rexistros e localizar os documentos. Inclúe informes de investigación, teses de doutoramento, publicacións oficiais, papers de conferencias e outro tipo de literatura gris. Cubre os campos de ciencia, tecnoloxía, biomedicina, economía, ciencias sociais e humanidades. Inclúe preprints das GL conferences (GreyNet International) a texto completo.
Oxford Journals. É un dos maiores editores internacionais de revistas de investigación e académicas. A través desta iniciativa, aos autores das comunicacións aceptadas dáselles a opción de poñelas en acceso aberto en liña a través do sitio web da revista, e os lectores non necesitan unha subscrición para ver os contidos de acceso aberto. Avala o proxecto Oxford Open que aparece xunto co desenvolvemento da iniciativa Open Access, proxecto que analiza o rendemento dos modelos de edición open access.
PLoS. É unha organización sen ánimo de lucro que apoia o libre acceso ás revistas científicas, sobre todo da literatura médica e científica, estas revistas non impoñen restricións de acceso nin cotas de mantemento. Contén PLoS Biology e PLoS Medicine.
Pubmed. É un arquivo dixital de traballos de investigación en bioloxía, medicina e ciencias da saúde. Funciona como un servizo de busca bibliográfica da National Library of Medicine en colaboración con outras institucións. Dá acceso a máis de 11 millóns de referencias de Medline, PreMedline e outras bases de datos relacionadas.
Recolecta. Iniciativa conxunta da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECyT) que ten como obxectivo principal promover a publicación en acceso aberto dos traballos de investigación que se desenvolven nas distintas institucións académicas españolas e facilitar o seu uso e visibilidade á vez que proporciona ferramentas para a creación de contidos en acceso aberto.
REDIAL-TESIS. Referencias bibliográficas de case 10.000 teses de doutoramento de temática latinoamericana, lidas en universidades europeas desde 1980. A base actualízase unha vez ao año. Cando o texto completo está dispoñible en internet, aparece o enlace e pode limitarse a busca coa opción “Biblioteca virtual”. Nos demais casos, para obter ou consultar as teses, debe dirixirse á universidade de lectura ou á institución de REDIAL do país de dita universidade.
Registry of Open Access Repositories (ROAR). Proporciona unha visión bastante ampla do número de repositorios existentes, ademais do software de xestión documental utilizado. Mediante unha das súas ferramentas pódese ver a evolución de cada unha das entradas. O máis destacado da análise que xenera información coa evolución do número de rexistros introducidos no repositorio por mes desde a súa introdución no sistema.
Revistas Catalanas de Acceso Abierto (RACO). É un depósito cooperativo desde o que se pode consultar os artigos a texto completo de revistas científicas, culturais e eruditas catalanas.
Revistas Científicas de la Universidad Complutense de Madrid. O portal de revistas científicas editadas pola UCM está orientado á difusión da investigación e a apoiar a edición electrónica de revistas científicas no marco desta universidade. Pódese consultar e obter o texto completo das 67 revistas editadas polo Servizo de Publicacións, ademais de aquelas revistas editadas polos departamentos da UCM que queren incorporarse a este proxecto de edición dixital.
RUC. Repositorio da Universidade da Coruña. Sistema que proporciona de forma estable e segura a difusión e preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC.
Scielo. É unha biblioteca virtual formada por unha colección de revistas científicas españolas de ciencias da saúde seleccionadas de acordo a uns criterios de calidade preestablecidos.
Scirus. Buscador de información científica. Inclúe contidos de revistas, páxinas científicas, cursos, preprints, patentes, repositorios institucionais, e información de páxinas webs.
Scitation. É un recurso especializado no campo da edición on-line científico-técnica e na distribución das revistas electrónicas desde 1996. Inclúe: actas de congresos, enlaces a revistas virtuales, normas e portais en liña. Tamén engade enlaces a importantes fontes de información como son: ISI Web of Science, Medline, Chemical Abstracts Service, SPIN, INSPEC, EDP Ciencias, X-Arkiv, SLAC-agujas e outros.
SPARC (The Scholarly Publishing & Academic Resources Coalition). É un proxecto integrado por organizacións, universidades e bibliotecas de investigación que ofrece enlaces e recursos, en acceso aberto, de gran interese para a comunidade académica, as institucións ou incluso para os órganos de goberno. Non é un editor, senón que intervén no proceso de comunicación científica apoiando revistas editadas por investigadores e asociacións. Os recursos ofrecidos inclúen guías, materiais de presentación e os manuais elaborados por SPARC.
TDR (teses de doutoramento en rede). É un repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, as teses de doutoramento lidas nas universidades de Cataluña e doutras comunidades autónomas, entre elas as da Universidade da Coruña.
Zenodo. Repositorio para datos de investigación multidisciplinares de calquera científico, comunidade científica ou institución investigadora. Pode ser usada por institucións que non teñan o seu propio repositorio. Creado por OpenAIRE e o CERN.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000